Riccardo Giacconi, nado en Xénova o 6 de outubro de 1931, e morto en San Diego o 9 de decembro de 2018 foi un astrofísico italiano radicado nos Estados Unidos.
Biografía Foi fillo único de Antonio, un pequeno empresario e Elsa Canni, profesora de matemáticas e física. No 1939 os pais sepáranse, quedando el coa nai, que marcha a Cremona, e logo a Milán, ensinando no mesmo instituto ó que logo acudirá Riccardo.
Traxectoria Estuda Física na Universidade de Milán con Giuseppe Occhialini, especializándose na investigación dos raios cósmicos. Baixo o consello do seu mentor, no 1956 emigra ós Estados Unidos de América. No 1958 comeza a colaborar coa Universidade de Princeton, e logo, Bruno Rossi introdúceo na AS&E (American Science and Engineering) cun programa para o desenvolvemento da investigación en raios X cósmicos, comezando a proxectar instrumentos para poñelos en relevo.
No 1962 descobre Scorpius X-1, primeira fonte extraterrestre coñecida de raios X. No 1970 ocúpase do lanzamento do satélite Uhuru, co que se abre a exploración do ceo profundo ós raios X. Grazas a este recoñecemento celeste, foron descubertas 339 estrelas emisoras de raios X, entre elas Cygnus X-1 e Vela X-1.
No 1973, pasa a ser director do Harvard Smithsonian Center for Astrophysics, impulsando o proxecto HEAO-2 dun telescopio de raios X en órbita, que máis adiante foi unha realidade, bautizado como Observatorio Einstein. É ese ano cando decidiu 'eu amo a astronomía, ao menos, como a practico'.
Máis adiante, ten recuperado o cargo de profesor de física e astronomía (1982-1997) e de investigador (a partir do 1998) na Universidade Johns Hopkins.
Do 1993 ó 1999 é Director xeral do European Southern Observatory (ESO).
Foi o investigador xefe do proxecto Chandra Deep Field-South co Chandra X-ray Observatory da NASA.
Recibiu o Nobel de Física de 2002, polas súas contribucións á astrofísica que levaron ao descubrimento dos raios X cósmicos.
Libros Riccardo Giacconi, Wallace Tucker. The X-Ray Universe, Cambridge, MA: Harvard University Press, 1985.
Premios e recoñecementos Premio de Astronomía Helen B. Warner (1966) Medalla Bruce (1981) Lector Henry Norris Russell (1981) Premio de Astrofísica Dannie Heineman (1981) Medalla de ouro da Royal Astronomical Society británica (1982) Premio Wolf en Física (1987) Premio Nobel de Física (2002) Medalla de Ciencia dos EEUU (2003) Asteroide 3371 Giacconi
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no sitio oficial do Nobel de Física 2002
Categoría:Físicos de Italia Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en Xénova Categoría:Nados en 1931 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Premios Nobel de Italia Categoría:Astrofísicos