O Stade de Reims é un club de fútbol francés da cidade de Reims, en Champaña-Ardenas. Foi fundado en 1911 e compite na Ligue 1.

Historia En 1911 o marqués de Polignac funda a Société Sportive du Parc Pommery. O 18 de xuño de 1931 o equipo cámbiase o nome polo actual, Stade de Reims. En 1938 fusiónase con outro club da cidade, o Sporting Club Rémois.

En 1949 o equipo gaña a súa primeira Liga. Na tempada 55-56 o equipo chega á final da Copa de Europa (foi o primeiro ano que se celebrou a competición), pero non puido facerse co título, xa que foi derrotado polo Real Madrid por catro goles a tres. O equipo volveu chegar á final tres anos despois, pero volveu ser derrotado polo conxunto español.

O Stade de Reims conseguiu varios títulos (6 Ligas, 2 Copas de Francia e 1 Copa Latina) nos anos 1950 e 1960, pero despois empezou unha época máis modesta na que o club baixou de categoría.

Actualmente o equipo milita na Ligue 2.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta vermella con mangas brancas, pantalón branco e medias vermellas. Uniforme alternativo: Camiseta azul, pantalón azul e medias azuis.

Estadio Stade Auguste Delaune, inaugurado o 21 de outubro de 1934, con capacidade para 9.582 persoas.

O estadio leva o nome do antigo secretario da Fédération Sportive.

Xogadores Cadro 2012/13

Palmarés Torneos nacionais Ligue 1 (6): 1948-49, 1952-53, 1954-55, 1957-58, 1959-60, 1961-62 Copa de Francia (2): 1949-50, 1957-58 Ligue 2 (1): 1965-66 Championnat National (1): 2003-04 Subcampión da Ligue 1 (3): 1946-47, 1953-54, 1962-63 Subcampión da Copa de Francia (1): 1976-77

Torneos internacionais Copa Latina (1): 1952-53 Copa dos Alpes (1): 1977 Subcampión da Copa de Europa (2): 1955-56, 1958-59 Subcampión da Copa Latina (1): 1954-55

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio web oficial (en francés)

Reims Champagne Categoría:Reims