O Free State, chamado por motivos publicitarios Vodacom Park, é un estadio situado en Bloemfontein, Suráfrica, utilizado para encontros de fútbol e de rugby, con capacidade para 46.000 persoas. Actualmente é o estadio local dos Cheetahs do Pro14. Foi unha das sedes da Copa Mundial de Fútbol de 2010. O seu nome procede da provincia na que está situado, a provincia do Estado Libre (en inglés: Free State).

Datos Inaugurado en 1952, o estadio sufriu unha completa remodelación con ocasión da Copa do Mundo de Rugby de 1995, da que foi sede, para albergar indistintamente encontros de rugby e de fútbol. Os principais equipos de rugby que utilizan o estadio son o Free State Cheetahs, que participa na competición nacional de Suráfrica , a Currie Cup; e o Central Cheetahs, que representa o Estado Libre e as provincias do Cabo Norte no Super 14. O principal equipo de fútbol é o Bloemfontein Celtic, que xoga na liga Premier de Fútbol.

Para a Copa Mundial de Fútbol de 2010, engadiuse un segundo nivel á tribuna principal no lado occidental do campo, aumentando a capacidade total de 36.538 a 48.000 espectadores, aforamento necesario para os estadios na primeira e segunda roldas de partidos do campionato. Ademais, instaláronse novos tornos, mellorouse a iluminación, foron instalados cadros electrónicos, o sistema de son foi renovado ás normas esixidas, instalación de CPTV (circuíto pechado de televisión) e maiores facilidades para os medios de comunicación como melloras das instalacións. Para renovar o estadio, Bloemfontein recibiu 221 millóns de rands, aínda que as estimacións de gastos son de 245 millóns, xa que a cidade decidiu asumir un déficit de 24 millóns. Os traballos comezaron en xullo de 2007, e a súa finalización produciuse en setembro de 2008.

Copa do Mundo 2010

Partidos

O Nelson Mandela Bay albergou durante o campionato seis encontros: cinco encontros da fase de grupos e un de oitavos de final. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores 14 de xuño Primeira rolda Xapón 1 - 0Camerún 30.620 17 de xuño Primeira rolda Grecia 2 - 1 Nixeria 31.593 20 de xuño Primeira rolda Eslovaquia 0 - 2 Paraguai 26.643 22 de xuño Primeira rolda Francia 1 - 2 Suráfrica 39.415 25 de xuño Primeira rolda Suíza 0 - 0 Honduras 28.042 27 de xuño Oitavos de final Alemaña 4 - 1 Inglaterra 32.652

Notas

Véxase tamén Outros artigos Copa Mundial de Fútbol de 2010

Ligazóns externas Sitio web oficial de Bloemfontein

Free State Free State Free State