miniatura|300px|Cortizas amoreadas no Algarve.

A cortiza é a casca exterior feita de materia morta e dura da sobreira (Quercus suber) e dalgunhas outras árbores. É incorrecto utilizar cortiza para denominar a casca doutras especies (un castelanismo pola influencia da palabra corteza), pois en galego debemos usar casca ou paraza.casca, 3ª acep., no Dicionario da RAG.paraza 2ª acep., no Dicionario da RAG.

A cortiza foi o primeiro material biolóxico en ser observado ó microscopio e, debido á súa especial estrutura de macrocélulas, permitiu supoñer que os tecidos están formados por células.

Usos Os usos da cortiza son moi variados debido ás súas características, moi importantes e dificilmente conseguibles mediante materiais sintéticos: miniatura|250px|"Células" de cortiza na Micrographia de Robert Hooke (1665). miniatura|esquerda|220px|Sacando cortiza en Aracena (Huelva, España). resistencia térmica e estrutural: debido a proceder dunha planta de tendencia mediterránea, resiste ben o lume creando unha pátina de material carbonizado que evita a combustión de subseguintes materiais interiores: isto acontece tamén en situacións de temperatura non extrema, pois é un moi bo illante térmico; illante acústico: pola súa estrutura en capas presenta cualidades perfectas para a hermetización sónica; compresible elasticamente: en situacións de presión física tamén resulta útil, pois recupera a estrutura inicial tras unha deformación; pouca densidade: isto permítelle flotar, o que fai un complemento ideal na práctica da pesca; durabilidade: baixo pouco coidado, o seu grao de putrefacción e biodegradación é moi baixo, tendo poucos inimigos microbióticos naturais; Os seus usos máis comúns son como rollas para selar botellas, pezas industriais pequenas e de características moi especiais (xuntas, amortecedores) e material de decoración (a súa cor e textura permiten a creación de ambientes moi cálidos, coma no uso da madeira). O seu uso está restrinxido polo seu prezo moito maior cós materiais sintéticos, pero o seu rendemento e duración son moito maiores.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Aronson, J.; Pereira, J. S. & Pausas, J. G. (2009): Cork Oak Woodlands on the Edge. Ecology, Adaptive Management, and Restoration. Washington DC: Island Press. ISBN 978-1-5972-6479-2. Hongos y micotoxinas en tapones de corcho. Propuesta de límites micológicos aceptables de Margarida Pi i Contallé. 2006. Responsable de laboratorio de Manuel Serra

Outros artigos Casca (botánica) Suberina Periderme

Ligazóns externas Institut Català del Suro . RETECORK. Xarxa Europea de Territoris Surers (Rede Europea de Territorios Corticeiros) . CORK, iniciativa llevada a cabo por instituciones y patronales del sector del corcho para su promoción . Aronson J., Pereira J.S., Pausas J.G. (eds). 2009. Cork Oak Woodlands on the Edge: conservation, adaptive management, and restoration. Island Press, Washington DC. 315 pp. Información sobre el corcho y el alcornoque - 7decopas.com . Museo Virtual del Corcho de San Vicente de Alcántara . Museu del suro de Palafrugell . El corcho, su proceso productivo y controles de calidad .

Categoría:Botánica Categoría:Termos botánicos