A solla,Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 83. tamén coñecida como solla de altura,Rodríguez Solórzano et al. (1983), p. 187.Rodrígue Villanueva et al. (1995), pp, 302-303.Muus, Bent J. et al (1998), 264-265. Pleuronectes platessa, Linnaeus, 1758, é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos, pertencente ao xénero Pleuronectes,Pleuronectes platessa Linnaeus, 1758 no WoRMS. que vive nas costas do Atlántico, sobre fondos areosos ou lamacentos, ás veces de grava, desde o mar de Barents até o Mediterráneo occidental (golfo de León), así como nas costas de Islandia e do sur de Groenlandia.
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, ten o corpo aplanado, asimétrico, e os dous ollos situados no mesmo lado (dereito), na cara pigmentada.
Taxonomía A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.
Ao longo da historia foi coñecida polos seguintes sinónimos: Platessa latus Cuvier, 1829 Platessa platessa (Linnaeus, 1758) Platessa vulgaris Cloquet, 1826 Pleuronectes borealis Faber, 1828 Pleuronectes latus Cuvier, 1829 Pleuronectes platessa baltica Nilsson, 1855
Estado de conservaión Segundo a UICN, o status actual da especie é LC (pouco preocupante).Pleuronectes platessa na Lista vermella da UICN.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Clover, Charles (2004): The End of the Line: How Overfishing Is Changing the World and What We Eat. Londres: Ebury Press. ISBN 0-09-189780-7 Gibson, Robin N.; Nash, Richard D. M., Geffen, Audrey K. & Van der Veer, Henk W., eds. (2015): Flatfishes: Biology and Exploitation, 2ª ed. John Wiley & Sons Ltd. ISBN 1-1185-0119-1. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
Outros artigos Pleuronéctidos Os peixes na cultura popular galega
Ligazóns externas Pleuronectes platessa Linnaeus, 1758 en FishBase. Pleuronectes platessa en ADW. Pleuronectes platessa Linnaeus, 1758 en DORIS European plaice (Pleuronectes platessa) en ARKive . Abundante información e imaxes.* Fichas de diferenciación e recoñecemento de especies pesqueiras do mercado galego Xunta de Galicia.
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Peixes do océano Atlántico Categoría:Produtos da pesca