Non agardei por ninguén é a primeira novela de Ramón de Valenzuela, publicada en 1957 en Buenos Aires por editorial Citania. A obra está estruturada como un diario sen datas, e con ela inaugúrase o tema da guerra civil na literatura galega. A trama da obra mostra un ton autobiográfico, feito habitual nas obras deste autor. O libro foi incluído na Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia. Trama Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o protagonista -quen representa ao autor baixo o pseudónimo de D. Gonzalo Ozores de Ulloa- foxe da represión pasando á zona republicana.

Véxase tamén Outros artigos Era tempo de apandar Novela histórica

Ligazóns externas et alii (2011): Catálogo de novela histórica galega, UDC.

Categoría:Obras literarias de 1957 Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras sobre a guerra civil española Categoría:Novela histórica

Categoría:Diáspora galega