Julio Fernández Rodríguez, nado en Cereixido (A Fonsagrada) o 26 de xullo de 1947 e finado en Miami o 18 de novembro de 2025, foi un produtor cinematográfico galego.
Traxectoria Foi presidente de Filmax Entertainment, un dos artífices da nova etapa da industria audiovisual en España, dedicándose á creación, produción, distribución e exhibición de contidos de ficción e animación. Desenvolveu un selo cinematográfico propio de xénero fantástico (Fantastic Factory), e é propietaria da empresa galega Bren Entertainment.
Foi membro da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España, vicepresidente da Federación de Asociacións de Produtores Audiovisuais Españois, conselleiro da xunta directiva da Entidade de Xestión de Dereitos dos Produtores Audiovisuais, patrono da fundación privada Escola Superior de Cinema i Audiovisual de Catalunya da Universidade de Barcelona e presidente da Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña.
En febreiro de 2008 foi acusado pola Fiscalía de Cataluña de ocultación de bens e apropiación indebida por descapitalizar a compañía Ivex Films"La Fiscalía pide seis años de cárcel para Julio Fernández por el desvío de 50 millones", noticia en El Mundo, 5 de febreiro de 2008 ..
Recoñecementos No ano 2002 foi condecorado pola Xunta de Galicia coa Medalla Castelao.Ficha na AVG, O soportal do audiovisual galego Consultado o 14/12/2018. Tamén no ano 2002 recibiu o "Premio Estrella de Oro" do Club de medios. A Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales (EGEDA) outorgoulle a medalla de ouro na XV edición dos Premios Cinematográficos José María Forqué no ano 2009. No ano 2010 foi condecorado coa insignia de ouro da Deputación Provincial de Lugo. Vida persoal
Casado e con dúas fillas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info Biografía na páxina de Filmax . Ficha en AVG
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados na Fonsagrada Categoría:Nados en 1947 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Produtores de cinema de Galicia Categoría:Finados en 2025