Dattatreya Ramachandra Kaprekar, nado en Dahanu, India, o 17 de xaneiro do 1905 e finado en Devlali, tamén na India, no 1986, foi un matemático indio. Salientou polas súas investigacións no eido da Teoría dos números.

Biografía e traxectoria

Estudou no Fergusson College de Pune, gañando no 1927 un importante premio matemático indio. Continou os seus estudos na Universidade de Mumbai, licenciándose pero sen chegar a doutorarse. Traballou como mestre de escola na cidade india de Nashik.

Entre as súas contribucións ás matemáticas figuran os descubrimentos dunha clase de números e dunha constante que levan o seu nome.

Véxase tamén

Outros artigos

Números de Kaprekar Constante de Kaprekar

Ligazóns externas O misterio do número 6174, artigo de Yutaka Nishiyama .

Categoría:Matemáticos da India Categoría:Nados en Maharashtra Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1986