José Ángel Portela Calvar, máis coñecido como Lito Portela, nado en Coiro (Cangas de Morrazo) en 1958, é un pintor e escultor galego.

Traxectoria miniatura|Escultura de Lito Portela no facho de Donón. Lito Portela mudouse de novo coa súa familia á parroquia de Tirán, no concello de Moaña.

Estilo Cando pintaba ao óleo con cores terra e verdes marcaba as pegadas das follas das árbores nos seus cadros. Despois pasou á escultura; súa é a caracola de aceiro inoxidable da Costa da Vela (Cabo Home) en Donón. As súas últimas obras mostran formas que fan referencia ao mar: mexillóns, flotadores, ourizos de mar, ovos de raia... Adoita utilizar como material poliéster cromado con esmalte metalizado, como o dos coches.

Lito Portela pertence ao colectivo A carón do mar, formado por artistas do Morrazo. Dispoñen dun local en Cangas e organizan actos relacionados co mundo da arte e da pintura, en particular.

Obras A súa obra xa percorreu diversos museos e salas de exposición en Galicia e fóra dela.

Exposicións individuais Galería Apo'strophe en Vigo. Galería Metro en Santiago. Galería E M C en Santiago. Galería A carón do Mar en Cangas. Galería Sargadelos de Vigo. Galería Minotauro en Santiago. Galería Sargadelos de Ourense.

Exposicións colectivas Exposición itinerante Proxecto Home. Art Madrid. Galería Metro. Madrid Ponte da Lima. Portugal Dez Anos de Arte no Morrazo. Cangas. Parlamento de Europa. Bruxelas. Evento 6.0. Porto. Sentidos gratis”. Coímbra. Expolemos. Monforte. Exposalnés. Cambados Bienal Internacional de Vilanova de Cerveira. IV Bienal Pintor Laxeiro de Lalín. Galería Obelisco. A Coruña. Galería Sargadelos. Pontevedra.

Museos e Coleccións Deputación de Pontevedra Colección Caixa Vigo, Pontevedra. Museo Ramón Aller, Lalín, Pontevedra.

Obra pública Escultura Buguina en Donón. Escultura Follas no edificio Avenida de Cangas. Colaboración con X. Ríos en Barcos, Cangas. Escultura Igualdade, nos xulgados de Cangas. Colaboración con X. Ríos en Avión, Moaña. Roseira brava no barrio do Rosal, Moaña.

Recoñecementos En 1991 recibiu unha bolsa de Novos Valores da Deputación de Pontevedra.

Premios: 1º Premio Certame de Pintura do Concello de Tui (Pontevedra). Ano 1994. 1º Premio de II Bienal Albariño Gran Bazán. (Pontevedra). Ano 1995. 3º Premio Ademar Champañat. Ano 1996. 1º Premio de Pintura Artistas do Morrazo. Cangas de Morrazo. (Pontevedra). Ano 1997. 1º Premio Conxemar de Pintura. Vigo (Pontevedra). Ano 2004

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes