A lira é unha estrofa de rima consoante e esquema 7a 11B 7a 7b 11B. É unha variante, en menos versos, da estancia fixada por Dante e Petrarca. Coa lira intentouse a imitación das estrofas curtas de Horacio. Empregada por Bernardo Tasso, foi introducida en España por Garcilaso de la Vega na súa "Ode ad florem Gnidi". Frei Luis de León e San Juan de la Cruz continuaron o seu cultivo.
Exemplos "O pastori felici che d'un piciol poder lieti e contenti, havete i cieli amici; e lungi da le genti non temete di mar'ira o di venti"
(Bernardo Tasso, "Loda de la vita pastorale", Rime, 1560)
"Si de mi baja lira tanto pudiese el son que en un momento aplacase la ira del animoso viento y la furia del mar y el movimiento..."
(Garcilaso de la Vega, "Ode ad florem Gnidi")
El aire el huerto orea y ofrece mil olores al sentido; los árboles menea con un manso rüido, que del oro y del cetro pone olvido.
(Frei Luis de León)
Chega hastra min, profunda como a tétrica queixa lastimada de cerva moribunda solouzante e cansada, a vos dorida da muller amada.
(Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra, 1880)
Véxase tamén Bibliografía RODRÍGUEZ FER, Claudio (1991): Arte literaria, Xerais, Vigo.
Categoría:Poesía