Monica Bellucci, nada en Citta di Castello (Perugia), o 30 de setembro de 1964, é unha modelo e actriz italiana.

Traxectoria Os seus primeiros pasos profesionais foron encamiñados a exercer a avogacía, aínda que decidiu exercer de modelo para poder pagarse os estudos na Universidade de Perugia, se ben abandonou os seus estudos de dereito.

En 1988, trasladouse a un dos puntos neurálxicos da moda europea, Milán, firmando para a prestixiosa firma Elite Model Management. En 1989 xa era unha modelo aclamada en París e incluso ao outro lado do Atlántico, Nova York. Posou para Dolce & Gabbana e para a marca francesa Elle entre outras. Ese mesmo ano, Monica, toma clases de interpretación, para converterse en actriz.

Monica Bellucci, domina varios idiomas ademais do italiano, a súa lingua natal, coma o francés e o inglés. Isto valeulle para poder actuar en diversos idiomas sen dificultade.

Está casada co tamén popular actor Vincent Cassel, co quen coincidiu en numerosos filmes e do que ten unha filla de nome Deva, nacida no ano 2004.

Filmografía Briganti (Briganti) (1990) de Marco Modugno La riffa (La riffa) (1991) de Francesco Laudadio Ostinato destino (Ostinato destino) (1992) de Gianfranco Albano Drácula de Bram Stoker (Dracula) (1992) de Francis Ford Coppola I mitici (I mitici) (1994) de Carlo Vanzina Palla di neve (Palla di neve) (1995) de Maurizio Nichetti Il cielo è sempre più blu (Il cielo è sempre più blu) (1995) de Antonio Luigi Grimaldi O apartamento (L'appartement) (1996) de Gilles Mimouni Stressati (Stressati) (1997) de Mauro Cappelloni Dobermann (Dobermann) (1997) de Jan Kounen Mauvais genre (Mauvais genre) (1997) de Laurent Bénégui Come mi vuoi (Come mi vuoi) (1997) de Carmine Amoroso O pracer (Le plaisir (et ses petits tracas)) (1998) de Nicolas Boukhrief L'ultimo capodanno (L'ultimo capodanno) (1998) de Marco Risi Ós que aman (1998) de Isabel Coixet Comme un poisson hors de l'eau (Comme un poisson hors de l'eau) (1999) de Hervé Hadmar Sen regras (Méditerranées) (1999) de Philippe Bérenger Franck Spadone (Franck Spadone) (2000) de Richard Bean Baixo sospeita (Under Suspicion) (2000) de Stephen Hopkins Malena (Malèna) (2000) de Giuseppe Tornatore O pacto dos lobos (Le pacte des loups) (2001) de Christophe Gans Astérix et Obélix : Mission Cléopâtre (2002) de Alain Chabat Irréversible (2002) de Gaspar Noé Ricordati di me (Ricordati di me) (2003) de Gabriele Muccino Bágoas do sol (Tears of the Sun) (2003) de Antoine Fuqua The Matrix Reloaded (The Matrix Reloaded) (2003) de Andy Wachowski e Larry Wachowski Simbad: A lenda dos sete mares (Simbad: Legend of the Seven Seas) (2003) de Patrick Gilmore e Tim Johnson The Matrix Revolutions (The Matrix Revolutions) (2003) de Andy Wachowski e Larry Wachowski The Passion of the Christ (2004) de Mel Gibson Axentes secretos (Agents secrets) (2004) de Frédéric Schoendoerffer She Hate Me (She Hate Me) (2004) de Spike Lee The Brothers Grimm (2005) de Terry Gilliam Canto me amas? (Combien tu m'aimes?) (2005) de Bertrand Blier Sheitan (Sheitan) (2006) de Kim Chapiron N - Napoléon (N - Napoléon) (2006) de Paolo Virzì Le concile de Pierre (Le concile de Pierre) (2006) de Guillaume Nicloux Shoot 'Em Up (Shoot 'Em Up) (2006) de Michael Davis Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de cinema de Italia Categoría:Nados na provincia de Perugia Categoría:Nados en 1964 Categoría:Modelos femininas de Italia