O xirín europeo (Serinus serinus), comunmente xirín ou nabiñeiroNa@iñeiro, na base histórica de dicionarios galegos. é unha especie de ave paseriforme da familia dos frinxílidos (Fringillidae), que se distribúe por boa parte de Europa, norte de África e oeste de Asia. Non está ameazada e a súa poboación europea cífrase entre 8,3 e 20 millóns de parellas reprodutoras, o que equivalería a entre 24,9 e 60 millóns de individuosSerinus serinus, na Lista Vermella da IUCN de especies ameazadas, consultada en maio de 2011 sobre datos de 2004..
Taxonomía Foi descrito por Linneo en 1766 baixo o nome de Fringilla serinus. É unha especie monotípica, é dicir, sen subespecies descritas, aínda que algunhas fontes mencionan unha subespecie Serinus serinus flaviserinus.
Descrición É o máis pequeno dos frinxílidos, mide uns 11–12 cm. É un parente próximo ao canario. O manto e a cabeza son de cores apardazadas mentres que o ventre é dunha forte cor amarela, en especial no macho (a especie presenta dimorfismo sexual).
Distribución
O xirín reside na meirande parte de Europa, sendo unha especie residente na conca Mediterránea, mentres que no norte habita unicamente en época de cría. Aínda que a súa área de distribución orixínase ou dá comezo no Mediterráneo, o xirín estendeuse dende o norte de África até o sur de Europa, e mesmo pola Europa continental e Asia Menor. Foi nos séculos XIX e XX, cando o xirín comezou a ampliar a súa área de distribución pola Europa Central e Occidental, iniciando tamén a colonización do Oriente Medio. Hoxe día pode atoparse nos países bálticos, e no Oriente, localízase en Belarús e Ucraína, espallando a súa distribución de forma xeral cara á costa do Mar Negro. A súa expansión cara ao sur deu lugar á instalación desta especie nas Illas Baleares, as Illas Canarias, as illas do Exeo, Chipre, así como no norte de Marrocos, Tunes, Alxeria e Exipto.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Identificación de sexos e idades no Atlas de Identificación das Aves de Aragón
Categoría:Frinxílidos Categoría:Aves de Galicia Categoría:Aves de Europa Categoría:Animais descritos en 1766