Florence and the Machine, ás veces escrito como Florence + the Machine, é un grupo musical de indie rock liderado pola cantante Florence Welch.
Características O son de Florence and the Machine foi descrito como unha combinación de varios xéneros, desde o rock até o soul. A música da banda recibiu moi boas críticas até que acadaron un certo éxito de masas, en especial desde a BBC, que tivo moito que ver co posterior éxito do grupo.
O álbum de debut da banda, Lungs, foi lanzado o 6 de xullo de 2009, e conseguiu manterse no número 2 durante cinco semanas entre os máis vendidos no Reino Unido. En xaneiro de 2010 o álbum acadou, por fin, o número 1 das listas británicas, despois de manterse durante 28 semanas entre os máis vendidos. Lungs foi un dos discos máis vendidos do 2009 no Reino Unido, o que o converteu nun dos discos máis vendidos do ano. Na gala dos 2010 BRIT Awards, Lungs fíxose co premio "Mastercard British Album".
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Lungs 2009 Island Records Ceremonials 2011 Island Records How Big, How Blue, How Beautiful 2015 Island, Republic High as Hope 2018 Virgin, EMI, Republic Dance Fever 2022 PolydorEverybody Scream2025
EPs A Lot of Love. A Lot of Blood - 2009
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de baroque pop Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais formados en 2007