A Selección de fútbol de Liechtenstein é o equipo representativo de Liechtenstein nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Asociación de Fútbol de Liechtenstein (Liechtensteiner Fussballverband), pertencente á UEFA.

Historia A selección de Liechtenstein ten unha traxectoria internacional relativamente curta. O seu debut oficial non chegou ata 1981, cando xogou un encontro amigábel contra , que rematou con empate por 1−1. Pero a súa estrea en torneos internacionais faríase esperar ata a Eurocopa 1996. Na fase de clasificación Liechtenstein quedou emparellada no grupo con , , , e a . A pesar de lograr un meritorio empate a cero contra os , Liechtenstein perdeu o resto dos partidos disputados, situándose como un dos combinados mais débiles do continente europeo.

A súa debilidade confirmouse nas previas da Mundial de 1998, encaixando a peor derrota da súa historia, un 1−11 contra . O país tería que esperar á clasificatoria para a Eurocopa 2000 para lograr a súa primeira vitoria nun torneo internacional. Foi o 14 de outubro de 1998, cando lograron vencer por 2−1 a . Pese a iso, Liechtenstein rematou novamente como colista do seu grupo de clasificación, cun total de catro puntos. Na clasificación para o clasificatorias para o Mundial 2002, na que Liechtenstein perdeu os oito encontros disputados sen anotar nin un solo gol.

A participación na fase previa da Eurocopa 2004 iniciouse cun inicio prometedor ante Macedonia cun empate a cero e aínda que mostrou unha gran melloría non puido sumar ningún outro punto en toda a clasificación. Esta progresión quedou certificada na fase de clasificación para o Mundial 2006 onde acabaría con oito puntos no seu grupo evitando por primeira vez selo farolillo vermello do seu grupo. Na fase de clasificación para a Eurocopa 2008 sumou sete puntos, froito de dúas vitorias (ante Letonia e Islandia) e un empate (tamén ante os Islandeses ).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da Asociación de Fútbol de Liechtenstein

Categoría:Fútbol en Liechtenstein