Carmen Ascaso Ciria, nada en Castillo Pompién (provincia de Huesca) en 1949, é unha bióloga española.

Traxectoria Aplicadora de novas técnicas de microscopía electrónica por ela descubertas, na actualidade é Subdirectora do Instituto de Recursos Naturais do Consello Superior de Investigacións Científicas, directora do Servizo de Microscopía e Ecoloxía Microbiana.

Os seus estudos do ALH84001, meteorito de orixe marciana descuberto na Antártida e caído na Terra hai uns 13.000 anos, levárona ó descubrimento de pequenos cristais magnéticos (de magnetita) tipicamente de orixe biolóxico, o que apoia a Teoría da Panspermia. Estas investigacións foron levadas en compañía de Jacek Wierzchos.

Véxase tamén Outros artigos A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)

Categoría:Biólogos de España Categoría:Nados en Monflorite-Lascasas Categoría:Nados en 1949 Categoría:Personalidades sen imaxes