Ronald Shavlik Randolph, nado o 24 de novembro de 1983 en Raleigh, Carolina do Norte, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense.
Traxectoria No verán de 2005, Randolph declarouse a si mesmo elixible para o Draft da NBA. Non foi elixido no Draft de 2005, pero o 5 de agosto dese mesmo ano, foi fichado coma axente libre polos Philadelphia 76ers. Este contrato non lle garantía un posto no equipo dos 76ers, pero despois da súa participación no training camp, Randolph conseguiu ese posto.
A pesar de que apenas xogou na primeira parte da tempada, Randolph tomou un mellor papel no equipo a finais de decembro do 2005 tras impresionar a outros xogadores e adestradores nos adestramentos por ser moi traballador. Randolph conseguiu os seus mellores números da tempada cando asinou 10 puntos e 13 rebotes.
Randolph rompeuse o nocello o 30 de novembro do 2006, nun accidente durante un adestramento, o cal os seus compañeiros cualificaron coma espantoso, comparándoo coa lesión que rematou coa vida deportiva do quarterback da NFL Joe Theisman.le?AID=/20061201/SPORTS03/612010378 CourierPostOnline - South Jersey's Web Site
O 25 de setembro do 2008, Randolph asinou un contrato cos Portland Trail Blazers. Xogou o seu primeiro partido no partido 38 da tempada para os Blazers, o 14 de xaneiro do 2009, contra o seu antigo equipo, os Philadelphia 76ers. Randolph anotou 4 puntos no mesmo número de minutos.http://espn.go.com/nba/boxscore?gameId=290114020 Os Blazers non renovaron o contrato de Randolph na postempada para ter máis espazo no equipo para os xogadores que chegaran do draft.
Entón, Randolph uniuse aos Miami Heat, pero foi despedido o 14 de decembro do 2009.HEAT Request Waivers on Shavlik Randolph Asinou cos Portland Trail Blazers o 30 de decembro,Blazers sign Randolph foi despedido un tempo, e volveu a asinar un contrato de dez días. Asinou de novo cos Miami Heat no final da tempada 2010. Foi cortado en outubro do 2010.
O 15 de xaneiro de 2015, Randolph foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre os Celtics, os Phoenix Suns e os Los Angeles Clippers.Boston Celtics Complete Three-Team Trade
Mellores momentos Conseguiu a súa máxima puntuación nun partido o 25 de novembro do 2006 en Cleveland, onde anotou 12 puntos. Por 48 minutos de xogo xogados na tempada 2006-07, asinou 15.6 puntos, 14.5 rebotes, 1.88 roubos e 2.68 tapóns. Leva o número 42 porque é a metade do número que levaba o seu pai Ronnie Shavlik, o 84.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Raleigh, Carolina do Norte Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Piratas de Quebradillas Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Liaoning Flying Leopards Categoría:Xogadores dos Beijing Royal Fighters