A Copa Mundial da FIFA Brasil 2014 (oficialmente: Copa do Mundo FIFA Brasil 2014) foi a edición número vinte do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo celebrouse no Brasil do 12 de xuño ao 13 de xullo, despois de que o presidente da FIFA, Joseph Blatter, estabelecera o criterio de rotación continental. Esta edición foi a primeira que se xogou en Suramérica desde o Mundial da Arxentina 1978.

En 2004, a FIFA elixiu a Suramérica como sede da Copa Mundial de 2014. Pese ao entusiasmo inicial dalgúns países, só Brasil e Colombia presentaron as súas candidaturas oficiais antes do peche do prazo, o 18 de decembro de 2006. Algúns meses despois, Colombia retirou a súa candidatura, deixando como único postulante a Brasil. O 30 de outubro de 2007 a FIFA designou de xeito oficial a Brasil como o país que albergaría a Copa do Mundo de Fútbol de 2014. proclamouse campioa do mundo por cuarta vez na súa historia, nunha disputada final contra na que gañou 0-1 cun gol de Mario Götze a sete minutos do final da segunda parte da prórroga.

Elección da sede miniatura|right|Joseph Blatter anunciando a elección do Brasil. O 7 de marzo de 2003, a FIFA anunciou que a Copa do Mundo de Fútbol de 2014 tería lugar en América do Sur por primeira vez desde que a Arxentina acollera o Mundial de 1978, mantendo así a súa tradicional política de rotar o dereito a albergar o Mundial entre as diferentes confederacións continentais. Uns meses despois, o 3 de xuño de 2003, a Confederación Suramericana de Fútbol, a CONMEBOL, anunciou que a Arxentina, o Brasil e Colombia se postulaban como candidatos para albergaren a cita mundialista. A propia CONMEBOL votaría o 17 de marzo de 2004 de forma unánime ao Brasil coma a súa única candidata. A formalización das candidaturas non sucedería até máis de dous anos despois, cando en decembro de 2006 o Brasil anuncia formalmente a súa candidatura e seguindo o seu exemplo Colombia tan só uns días máis tarde. Finalmente, a candidatura arxentina nunca se chegaría a materializar. Aínda que orixinalmente o daquelas presidente da FIFA Joseph Blatter apoiara a candidatura, o 28 de febreiro de 2007, declarara que o desexo de Colombia de organizar a evento era un xesto para desviar a atención sobre os problemas do país. Finalmente, o 11 de abril do mesmo ano, Colombia confirmaría a súa renuncia a ser sede do torneo, deixando o Brasil como o único candidato.

Dous días despois, o 13 de abril, Blatter após visitar o Maracanã no Río de Xaneiro, o Morumbi en São Paulo, o Mineirão en Belo Horizonte, e o Beira-Rio en Porto Alegre, declara que os estadios non cumprían todos os requisitos precisos para albergaren a Copa. A pesar de todo, tanto Blatter como o presidente Lula da Silva saíron optimistas da reunión que mantiveron ao respecto. O 31 de maio pecharía o prazo dado pola FIFA e pola Confederação Brasileira de Futebol para que as cidades interesadas en acolleren encontros da copa fixesen as súas respectivas candidaturas. Vinte e unha cidades de dezanove Estados distintos, mais o Distrito Federal, entregarían á comisión organizadora a documentación precisa de acordo co Caderno de Encargos da FIFA. O 31 de xullo os documentos, nos cales aparecían as dezaoito cidades seleccionadas (incluída a candidatura conxunta de Recife e Olinda), serían confiados pola federación á FIFA en Zürich, Suíza. A finais do mes de agosto unha comisión formada por inspectores da FIFA estivo nas cidades de São Paulo, Río de Xaneiro, Belo Horizonte, Brasilia e Porto Alegre, para visitar persoalmente os estadios e infraestruturas destas cidades candidatas. Alén das visitas, os inspectores da FIFA asistiron ás presentacións dos proxectos das demais cidades candidatas. Finalmente, o día 30 de outubro de 2007 a FIFA ratificou o Brasil como país-sede da Copa do Mundo de 2014, sendo o único país que se presentou á votación final. Así, o Brasil organizará o seu segundo campionato do mundo de fútbol despois do Mundial de 1950. A escolla das cidades-sede ficaría para finais de 2008.

Organización Sedes miniatura|left|Dilma Rousseff e Pelé seguindo os traballos en Belo Horizonte. Dezaoito cidades, todas capitais de Estado, presentáronse como candidatas para albergaren partidos da Copa do Mundo: Belém, Belo Horizonte, Brasilia, Campo Grande, Cuiabá, Curitiba, Florianópolis, Fortaleza, Goiânia, Maceió, Manaus, Natal, Porto Alegre, Recife, Río Branco, Río de Xaneiro, Salvador e São Paulo. De primeiras, a FIFA propuxo reducir o número de sedes a entre oito ou dez e que ningunha cidade albergase máis de dous estadios, porén, dada a dimensión continental do país, a organización cedeu aos pedidos de Ricardo Teixeira, presidente da Confederação Brasileira de Futebol, e concedeu permiso para que se utilizasen finalmente doce sedes.

As doce sedes finais foron anunciadas o 31 de maio de 2009, cos descartes de Belém, Campo Grande, Florianópolis, Goiânia e Rio Branco; mentres que Maceió xa retirara a súa candidatura en xaneiro. As doce seleccionadas abranguen todas as rexións do Brasil, de xeito que están mellor distribuídas por toda a xeografía, ao contrario do que aconteceu no mundial de 1950 cando os partidos se concentraran nas rexións Sur e Sueste. Con todo, como resultado, os equipos terán que realizar longas viaxes dunha distancia significativa. Seis destas sedes albergaron tamén antes da cita mundialista a Copa das Confederacións 2013: Belo Horizonte, Brasilia, Fortaleza, Recife, Río de Xaneiro e Salvador. Cómpre sinalar que unha das sedes, Recife, albergará os partidos nunha cidade da súa rexión metropolitana, São Lourenço da Mata.

O investimento total reportado para os proxectos de construción e remodelación dos estadios acadou os 3,47 mil millóns de dólares estadounidenses. Cinco estadios foron construídos desde cero especificamente para a Copa do Mundo, mentres que o Estádio Nacional Mané Garrincha da capital Brasilia foi demolido e reconstruído, e os restantes seis foron amplamente renovados. O Estádio do Maracanã no Río de Xaneiro, que aínda ostenta o récord de espectadores para un partido da Copa do Mundo (o Maracanaço con 199 854), é o estadio máis grande desde cita. A Confederação Brasileira tiña a intención orixinalmente de que o partido inaugural se disputase no Estádio do Morumbi de São Paulo, pero foi rexeitado da candidatura en 2010 despois de non poder dispoñer de garantías financeiras para as melloras requiridas. O comité organizador da Copa en São Paulo estudou entón a construción dun novo estadio en Pirituba, na zona noroeste da cidade, mais esta opción foi descartada debido ao tempo insuficiente, así foi que o comité organizador xuntamente coa Prefeitura e o Goberno de São Paulo decidiron que o estadio sede en São Paulo sería o novo estadio do Corinthians en Itaquera, o Arena de São Paulo ou Arena Corinthians.

O primeiro dos novos estadios en estar finalizado foi o Castelão en Fortaleza, inaugurado o 16 de decembro de 2012 e operativo xa desde xaneiro do ano seguinte. De acordo con Joe Leahy do Financial Times, as obras do Castelão, "poderían sentar precedente para outras obras públicas deportivas", xa que o proxecto "entrou dentro de orzamento e foi máis barato por asento" que o estadio de Maracanã en Río. Pouco tempo despois, o 21 de decembro de 2012, inaugurouse o Estádio Mineirão de Belo Horizonte. O 5 de abril foi a vez da reinauguración da Arena Fonte Nova de Salvador, seguida pola do Maracanã do Río de Xaneiro o 27 de abril e polo Estádio Nacional Mané Garrincha, en Brasilia, o 18 de maio. Finalmente, o 20 de maio, foi inaugurada a Arena Pernambuco, en São Lourenço da Mata, Recife. Nas cerimonias de reapertura dos estadios estiveron presentes diversas autoridades gobernamentais, entre elas a Presidenta Dilma Rousseff.

Estadios border|20px|link= Río de Xaneiro, RJborder|20px|link= Brasilia, DFborder|20px|link= São Paulo, SPborder|20px|link= Fortaleza, CEEstádio do MaracanãEstádio NacionalArena de São PauloEstádio Castelão<small><small>Capacidade: 76 935(remodelado)Capacidade: 70 042(remodelado)Capacidade: 68 000(estadio novo)Capacidade: 64 846(remodelado)200px200px200px200pxborder|20px|link= Belo Horizonte, MGborder|20px|link= Porto Alegre, RSEstádio MineirãoEstádio Beira-RioCapacidade: 62 547(remodelado)Capacidade: 51 300(remodelado)200pxborder|20px|link= Salvador, BAborder|20px|link= Recife, PEArena Fonte NovaArena PernambucoCapacidade: 56 000(remodelado)Capacidade: 46 154(estadio novo)200px200pxborder|20px|link= Cuiabá, MTborder|20px|link= Manaus, AMborder|20px|link= Natal, RNborder|20px|link= Curitiba, PRArena PantanalArena da AmazôniaArena das DunasArena da BaixadaCapacidade: 42 968(estadio novo)Capacidade: 42 374(estadio novo)Capacidade: 42 086(estadio novo)Capacidade: 43 981(remodelado)210px 210px210px190px

Campamentos base O 31 de xaneiro de 2014 a FIFA e o Comité Organizador anunciaron a localización dos campamentos base e lugares de adestramento das 32 seleccións participantes. EquipoCidadeEstadoEquipoCidadeEstadoborder|20px Santa Cruz Cabráliaborder|20px Baíaborder|20px São Pauloborder|20px São Pauloborder|20px Sorocababorder|20px São Pauloborder|20px Ribeirão Pretoborder|20px São Pauloborder|20px Vespasianoborder|20px Minas Xeraisborder|20px Maceióborder|20px Alagoasborder|20px Vitóriaborder|20px Espírito Santoborder|20px Aracajuborder|20px Sergipeborder|20px Mogi das Cruzesborder|20px São Pauloborder|20px Porto Felizborder|20px São Pauloborder|20px Guarujáborder|20px São Pauloborder|20px Río de Xaneiroborder|20px Río de Xaneiroborder|20px Teresópolisborder|20px Río de Xaneiroborder|20px Guarulhosborder|20px São Pauloborder|20px Vitóriaborder|20px Espírito Santoborder|20px Mangaratibaborder|20px Río de Xaneiroborder|20px Belo Horizonteborder|20px Minas Xeraisborder|20px Ituborder|20px São Pauloborder|20px Cotiaborder|20px São Pauloborder|20px Santosborder|20px São Pauloborder|20px Foz do Iguaçuborder|20px Paranáborder|20px Campinasborder|20px São Pauloborder|20px Águas de Lindóiaborder|20px São Pauloborder|20px Río de Xaneiroborder|20px Río de Xaneiroborder|20px Santosborder|20px São Pauloborder|20px Campinasborder|20px São Pauloborder|20px Mata de São Joãoborder|20px Baíaborder|20px Ituborder|20px São Pauloborder|20px Viamãoborder|20px Río Grande do SurPorto Seguroborder|20px Baíaborder|20px Curitibaborder|20px Paranáborder|20px Sete Lagoasborder|20px Minas Xerais

Imaxe Logotipo miniatura|dereita|Cerimonia de presentación do logo oficial. O logotipo oficial da Copa do Mundo do Brasil 2014, creado pola axencia brasileira África, recibe o nome de "Inspiração". O proxecto está baseado nunha fotografía icónica de tres mans vitoriosas xuntas levantando o Trofeo que acredita ao campión do evento. Ademais da noción humanitaria das mans en interligazón, a representación das mans xunto co uso simbólico do verde e amarelo da bandeira do Brasil, simbolizan tamén ao pobo brasileiro dando calorosas benvidas ao mundo. O logotipo foi presentado nunha cerimonia realizada en Xohanesburgo, Suráfrica, o 8 de xullo de 2010.

A Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA) e o Comité Organizador Local (COL) Brasil 2014 convidaron a vinte e cinco axencias brasileiras a presentaren proxectos para o emblema oficial do torneo, a tarefa de escoller o vencedor foi delegada a un grupo de xuíces composto polo presidente da Confederação Brasileira de Futebol, Ricardo Teixeira, o secretario xeral da FIFA, Jérôme Valcke, a supermodelo Gisele Bündchen, o arquitecto Oscar Niemeyer, o novelista Paulo Coelho, a cantante Ivete Sangalo e o deseñador Hans Donner. Antes de desvelar o logotipo, os grupos de música brasileiros Barbatuques e Bossacucanova, así como a cantante gañadora dun Grammy Vanessa da Mata ofreceron un espectáculo presentado por Fernanda Lima e Rodrigo Hilbert.