A conurbación do delta do Yangtzé é unha megalópole do centro leste da China que se está conformando na parte sur do delta do río Yangtzé, entre a súa desembocadura e o lago Tai, e con Shanghai como cidade máis grande e importante.
Localización e características Cara ao oeste conúrbase coa área de Suzhou, antiga e bela cidade á beira do Gran Canal; despois aparece a área de Wuxi, industriosa cidade coñecida coloquialmente como "pequena Shanghai"; e finalmente, no extremo occidental da conurbación, sitúase a área de Changzhou, a máis pequena de todas.
O dinamismo da rexión nestes últimos anos ten sido enorme , tras da súa elección coma Zona Económica Especial, aberta o investimento foránea. A construción de todo tipo de grandes infraestruturas non cesa día a día e estanse propoñendo novos e xigantescos proxectos (pontes, portos, autoestradas e ferrocarrís) que farían posible, no medio prazo, a incorporación á megalópole das áreas metropolitanas veciñas ata Nanjing polo oeste e Hanzhou e Ningbo polo sur.
Megalópole de Shanghai:
AM Shanghai.....................................19 000 000 Shanghai shih.....16 800 000 municipalidade de Suzhou.....................3 900 000 municipalidade de Wuxi.........................3 700 000 municipalidade de Changzhou................3 500 000
Véxase tamén Outros artigos Shanghai Historia urbana de Shanghai
Ligazóns externas imaxe actualizada do satelite
Categoría:Áreas metropolitanas Categoría:Cidades da China