Roberto Fernández Alvarellos, nado o 25 de xaneiro de 1979 en Chantada, é un exfutbolista profesional galego. Formando na canteira do Real Club Celta de Vigo, actualmente traballa como adestrador de porteiros no Club Deportivo Lugo, último equipo onde xogou como profesional.

Traxectoria Nado en Chantada, Roberto Fernández formouse na canteira do Celta de Vigo, onde non chega debutar co primeiro equipo, pero sendo convocado como porteiro suplente nun bo número de partidos, incluíndo a Copa Intertoto na que foi inscrito como suplente de Pinto para as dúas primeiras eliminatorias, fronte o Pelister e o Aston Villahttps://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2000/06/08/celta-inscrito-mazinho-intertoto/0003_63950.htm, sendo traspasado no ano 2002 ao Real Sporting de Gijón. No club asturiano permanece durante seis temporadas, onde foi titular indiscutíbel excepto no seu primeiro ano. Na temporada 2003-04, tras un encontro xogado o 15 de febreiro de 2004 fronte ao Algeciras Club de Fútbol, no que o Sporting venceu por 0-3, superou a marca de imbatibilidade do club ao manterse durante 727 minutos consecutivos sen recibir un gol; dita marca, até entón, estaba en poder de Emilio Isierte, con 704 minutos en Primeira División. Finalmente, prolongou a súa serie até os 831 minutos. Dous anos máis tarde, na campaña 2005-06, recibiu o Trofeo Zamora ao porteiro menos goleado de Segunda División, concedendo só 31 goles en 38 partidos.

Na temporada 2007-08, tras xogar todos os partidos de liga excepto un, lograr o ascenso á máxima categoría co club asturiano despois de dez anos de ausencia. Despois de empezar ano no banco, debutando en Primeira División o 2 de novembro de 2008 ante Espanyol, conseguiría facerse co posto de titular ante Ricardo. Porén, na temporada 2009-10, non xoga case ningún partido en Liga, aparecendo en partidos de Copa do Rei e nos dous últimos partidos de competición. Esta situación fai que abandone o club e asine co Granada Club de Fútbol por tres temporadas. Na temporada 2010-11 contribúe á clasificación do equipo granadino para o encontro final da promoción de ascenso tras anotar un gol e deter un dos lanzamentos na quenda de penaltis contra o Celta de Vigo.

Un días despois o seu equipo consegue o ascenso á Primeira tras vencer ao Elche Club de Fútbol na final, sendo o segundo ascenso á primeira de Roberto. Xa en primeira acaba por converterse no porteiro titular do Granada e nun dos xogadores máis queridos polos seus seareiros. Tras finalizar o seu contrato, despois de ser un dos principais valedores da permanencia do club andaluz en Primeira, volta á súa terra a asinando co Club Deportivo Lugo por tres anos como xogador, pasando posteriormente a formar parte do corpo técnico do club lucense. No seu primeiro ano cos albivermellos, enferma de mononucleose xusto antes do comezo de campionato, o que o acaba por relegar á suplencia ante José Juan, quen xa fora compañeiro seu no Granada. Ao final de temporada xoga 5 partidos onde recibe 7 goles.

Clubs AnoClubDivisiónPartidosGoles rec.1997−1998Celta BTerceira361998−1999Celta BTerceira30301999−2000CeltaPrimeira001999−2000Celta BTerceira23132000−2001CeltaPrimeira002000−2001Celta BTerceira36232001−2002Celta BSegunda B35332002−2003Sporting de GijónSegunda102003−2004Sporting de GijónSegunda39342004−2005Sporting de GijónSegunda39352005−2006Sporting de GijónSegunda38312006−2007Sporting de GijónSegunda39472007−2008Sporting de GijónSegunda41392008−2009OsasunaPrimeira26342009−2010OsasunaPrimeira232010−2011GranadaSegunda40442011−2012GranadaPrimeira22292012−2013GranadaPrimeira14172013−2014GranadaPrimeira32432014−2015GranadaPrimeira23362015−2016LugoSegunda572016−2017LugoSegunda14162017−2018LugoSegunda45

Internacional Roberto Fernández xogou catro partidos coa selección galega contra as seleccións do , , , sendo o capitán da Irmandiña no encontro ante .

Palmarés Ascenso a Primeira División (2): 2008, 2011. Ascenso a Segunda División B (1): 1999. Trofeo Zamora (2ª división): 2006. Copa Intertoto: Copa Intertoto da UEFA 2000 Trofeo Don Balón ao mellor porteiro do Grupo 1 da Terceira División: 2000, 2001. Récord de máis minutos imbatido da historia do Real Sporting de Gijón (831 minutos): 2004.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Chantada Categoría:Futbolistas de Chantada Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia