Zeami Motokiyo (世阿弥), tamén chamado Kanze Motokiyo, nado en 1363 e finado en 1443, foi un actor e dramaturgo xaponés.

Traxectoria

Alén de ter escrito cerca de duascentas pezas Noh (xénero teatral que logrou estabelecer como forma artística prestixiada) deixou un conxunto de instrucións escritas para actores, de forma a transmitir a súa propia concepción da súa arte dramática. Os seus textos son vistos por moitos xaponeses como unha base fundamental das ideas nacionais sobre estética e cultura.

O seu pai, Kan'ami, tamén foi actor e educou a Zeami. Os dous son, sen dúbida, os maiores responsábeis polo estabelecemento do xénero dramático Noh no Xapón e da importancia que lle é hoxe concedido.

Cando a compañía de Kan'ami's actuou para Ashikaga Yoshimitsu, o Xogún do Xapón, este implorou a Zeami que o ensinase nesta arte. Despois de Zeami sucederlle ao seu pai, continuou a actuar e a adaptar o seu estilo até, sensibelmente, a forma que o teatro Noh ten actualmente.

Categoría:Artistas do Xapón Categoría:Nados en 1363 Categoría:Nados na prefectura de Aichi Categoría:Finados en 1443