Non confundir co asteroide chamado 38 Leda.
Leda (ou en grego Λήδα), tamén coñecida coma , é unha lúa irregular de movemento directo do planeta Xúpiter. Foi descuberta por Charles T. Kowal no Observatorio de Monte Palomar o 14 de setembro de 1974, despois de tres noites moi proveitosas sacando placas fotográficas (do 11 de setembro ó 13; Leda aparece en placas de tódolos días).IAUC 2702: Probable New Satellite of Jupiter setembro de 1974 (descubrimento) Recibiría o nome de Leda, que era amante de Zeus, o equivalente de Xúpiter na mitoloxía grega (o cal lle aparecería en forma de cisne). Kowal suxeriu este nome e a UAI asignaríallo a lúa no ano 1975.
Leda pertence ó grupo de satélites Himalia, cinco lúas que orbitan Xúpiter a unha distancia de entre 11 a 13 millóns de quilómetros cunha inclinación de aproximadamente 27,5°. Os elementos orbitais amosados neste artigo son de xaneiro do 2000, pero estes datos están en continuo cambio debido ás perturbacións causadas polo Sol e Xúpiter.
Na ficción O filme británico Fire Maidens from Outer Space do ano 1956 estaba localizado na décimo terceira lúa de Xúpiter, aínda que hai que subliñar que o filme foi feito antes do descubrimento de Leda no ano 1974.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter
Ligazóns externas Leda Profile by NASA's Solar System Exploration David Jewitt pages Jupiter's Known Satellites (by Scott S. Sheppard)
Categoría:Lúas de Xúpiter