Himalia (ou en grego ‘Ιμαλíα) é máis grande das lúas irregulares de Xúpiter, e en relación a tódalas lúas de Xúpiter é a sexta en tamaño e a quinta en masa. (só as catro lúas de Galileo teñen máis masa có Himalia). Foi descuberta por Charles Dillon Perrine no Observatorio de Lick o 3 de decembro de 1904 e recibiría o nome Himalia que procede da mitoloxía grega, Himalia era unha ninfa que trouxo ó mundo tres fillos de Zeus (o equivalente grego de Xúpiter).
Descubrimento e nome Himalia, a máis grande das lúas irregulares de Xúpiter, foi descuberta por Charles Dillon Perrine no Observatorio de Lick o 3 de decembro de 1904.;
O nome de Himalia procede da mitoloxía grega, onde Himalia era unha ninfa que trouxo ó mundo tres fillos de Zeus (o equivalente grego de Xúpiter). A lúa non recibiría este nome oficialmente ata o ano 1975; antes disto, sinxelamente era coñecida coma , aínda que se reclamou un nome propio para a lúa pouco despois do seu descubrimento e do de Elara.
A lúa recibía algunhas veces o nome de Hestia, a deusa grega do fogar, entre os anos 1955 e 1975.
Órbita É o membro máis grande do grupo de satélites Himalia, estas lúas orbitan Xúpiter a unha distancia de entre 11,4 e 13 millóns de quilómetros e cunha inclinación aproximada de 27,5°. Os elementos orbitais son de xaneiro do 2000, pero estes datos están en continuo cambio debido ás perturbacións causadas polo Sol e Xúpiter.
Características físicas Himalia aparece neutra (gris), coma o resto das lúas do seu grupo, cuns índices de cores de B-V=0,62, V-R= 0,4, semellantes a un asteroide do tipo C. As medicións feitas pola Cassini confirman estas propiedades no espectro, cunha feble liña de absorción a 3 μm, a cal indicaría a presenza de auga.
Masa No ano 2005, Emelyanov estimou que Himalia debía ter unha masa de 4,19 x 1018 kg (GM=0,28), baseándose na perturbación de Elara do 15 de xullo de 1949. O JPL asumía que Himalia tiña unha masa de 6,7 x 1018 kg (GM=0,45) cun raio de 85 km.
A densidade de Himalia dependera de se o raio medio da lúa é de 67 km (media xeométrica obtida grazas a Cassini no 2000) ou se o raio estimado está preto dos 85 km.
FonteRaiokmDensidadeg/cm³MasakgEmelyanov 67 3,33 4,19 x 1018Emelyanov 85 1,63Densidade = GM / G / (Volume dunha esfera de 85km) = 1.63 g/cm³ 4,19 x 1018JPL SSD 85 2,6 6,7 x 1018
Exploración En novembro do 2000, a sonda Cassini, de camiño a Saturno, fixo unha serie de imaxes de Himalia, incluíndo fotos tomadas a unha distancia de 4,4 millóns de quilómetros. A lúa só cubría uns cantos píxeles, pero semellaba ser alongada cuns eixos de 150 ± 20 e 120 ± 20 km, datos moi achegados ás estimacións das observacións feitas dende a Terra.
En febreiro e marzo do 2007, a sonda New Horizons na súa viaxe cara Plutón, fixo unha serie de imaxes de Himalia, as máis próximas tomadas a unha distancia duns oito millóns de quilómetros; de novo Himalia víase un pequeno grupo de píxeles.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter
Ligazóns externas Himalia Profileby NASA's Solar System Exploration David Jewitt pages Jupiter's Known Satellites (by Scott S. Sheppard)
Categoría:Lúas de Xúpiter