Os Maias é unha novela do escritor portugués Eça de Queirós e unha das súas obras máis coñecidas. O libro foi publicado no Porto en 1888. Sinopse A acción da obra Os Maias transcorre en Lisboa, na segunda metade do século XIX. Presenta a historia de tres xeracións da familia Maia. A acción iníciase no outono de 1875, cando Afonso da Maia, nobre e rico propietario, se instala na casa do Ramalhete co neto acabado de licenciarse en Medicina. O nome da casa, 'O Ramalhete', ten orixe nun panel de azulexos cun ramo de xirasoles.

Afonso da Maia é o personaxe mellor presentado polo autor, ao que non se lle atribúen defectos. Cando mozo adheriuse aos ideais do liberalismo, o que provocou que o seu pai, tradicionalista, o obrigase a marchar para un pazo na Beira primeiro, e logo a instalarse en Inglaterra. Cando o seu pai falece, regresa a Lisboa para casar con María Eduarda Runa, pero axiña volta ao exilio, neste caso por razóns políticas, presionado o seu liberalismo polo tradicionalismo da monarquía portuguesa.

Froito deste casamento resultou un fillo, Pedro da Maia, que presentaba un temperamento nervioso, fraco e de grande inestabilidade emocional. Afonso desexaría educalo á maneira inglesa, mais María Eduarda, católica fervorosa, cuxo fanatismo máis se exacerba ao vivir en Inglaterra, país protestante, non o consente e Pedro é educado por un padre mandado vir de Lisboa. Pedro crece, moi ligado á nai e após a súa morte, fica inconsolable, ten crises de melancolía negra recuperándose só cando coñece unha muller, extraordinariamente bela e vistosa, chamada María Monforte. Namórase dela e, a pesar de o seu pai non concordar, casa con ela, o que o afasta da convivencia co pai. O xove matrimonio parte para Italia e inicia unha vida fastuosa. Nácenlles dous fillos: María Eduarda e Carlos Eduardo. Pouco despois do nacemento do segundo fillo, María Monforte namórase dun italiano, visita da casa e, un día, Pedro chega á casa e descobre que a muller fuxiu co italiano, levando a filla. Desesperado, refúxiase en casa do pai, levando o fillo, aínda bebé. Nesa mesma noite, despois de escribir ao pai unha longa carta, Pedro suicídase cun tiro. Afonso da Maia pasa a dedicar a súa vida ao neto, ao cal dá a educación inglesa, forte e austera, que en tempos soñara para o fillo. Nun capítulo do libro esa educación, considerada a ideal, é contraposta a aquela que unhas veciñas, as señoras Silveiras, dan ao fillo e sobriño Eusebioziño, unha personaxe mediocre.

Pasados algúns anos, Carlos contra a vontade de todos, excepto do seu avó, faise médico (profesión que, aínda nos finais do século XIX, era considerada sucia e indigna dun home de ben) e acaba por montar un luxoso consultorio e incluso manda construír un laboratorio, onde pretende dedicarse á investigación. Carlos é un dandi e bastante bohemio. Con todo, após varias aventuras, un día coñece unha muller chamada María Eduarda e apaixónase por ela, aínda supoñéndoa casada cun señor brasileiro, Castro Gomes. Carlos e María fanse amantes. Carlos, coa excepción da súa viaxe no fin de carreira, viviu sempre en Portugal, pensando que a súa irmá e a mai estaban mortas, e María Eduarda apenas se lembra de que tivera unha irmanciña, que morreu en Londres. De volta a Lisboa e desagradado coa nova de que a súa «muller» era amante de Carlos, Castro Gomes revela a este que María non é súa muller senón simplemente unha señora á cal paga para vivir con el. Así Carlos descobre que María lle mentiu sobre o seu pasado. Ela cóntalle o que sabe sobre a súa vida e el perdóaa. Resolven fuxir, mais van adiando o proxecto, pois Carlos recea magoar o avó. Este, xa vello, pasa o tempo en conversas cos amigos, lendo, co seu gato -Reverendo Bonifácio- aos pés, opinando sobre a necesidade de renovación do país. Afonso é xeneroso para cos amigos e os necesitados, ama a natureza e o que é pobre e débil. Ten altos e firmes principios morais. A verdade precipítase cando un tío dun amigo de Carlos (Guimarães, tío de Dâmaso Salcede), absolutamente por casualidade, revela a Ega, o grande amigo de Carlos, que María é irmá deste. Aínda que Ega é cauteloso ao dar a noticia a Carlos, este ten un grande choque. Porén, non consegue pensar en María como irmá e continúa a ser o seu amante. Ao descubrir a verdade, Afonso morre dunha apoplexía. Carlos e María sepáranse e el vai dar unha volta ao mundo.

O romance termina cando Carlos, pasados 10 anos, regresa a Lisboa de visita. O final é ambiguo, como o foi a acción de Carlos e João da Ega ao longo da narrativa: aínda que ambos afirmen que "non vale a pena correr para nada" e que todo na vida é ilusión e sufrimento, acaban por correr desesperadamente para apañar un transporte público que os leve a un xantar para o cal están atrasados.

Lisboa Hai n'“Os Maias” un retrato da Lisboa da época. Carlos, que vive na Rúa das Janelas Verdes, camiña con frecuencia ata o Rossio (aínda que, ás veces, vai a cabalo ou en carruaxe). Algunhas das tendas citadas no libro aínda existen (a Casa Havaneza, no Chiado, por exemplo). É posible seguir os diferentes percorridos de Carlos ou do Ega polas rúas da Baixa lisboeta, aínda que algunhas teñan mudado de nome. Ao final do libro, cando Carlos volta a Lisboa moitos anos despois, somos levados a ver as novidades -a Avenida da Liberdade, que substituíu o Paseo Público, e que é descrita como unha cousa nova, e fea pola súa novidade, exactamente como nos anos 70 se falaba das casas de emigrante-.

O Ramalhete Habitado no Outono de 1875, o Ramalhete situábase na Rúa de San Francisco de Paula, Janelas Verdes, Lisboa. É por tanto unha casa afastada do centro de Lisboa, daquela, nun local elevado da cidade, no barrio onde hoxe se sitúa o Museu Nacional de Arte Antiga. O seu nome deriva do panel de azulexos cun ramo de xirasoles pintados que se encontraba no lugar heráldico, ao envés do brasón de familia. Estes xirasoles non son inapropiados, pois simbolizan a ligazón da familia á terra, á agricultura.

O Ramalhete corresponde á descrición do palacio do Conde de Sabugosa, grande amigo de Eça de Queirós e membro do grupo dos Vencidos da Vida. As paredes severas e a tímida fila de xaneliñas son aínda visíbeis nas fachadas do casarón.

N'Os Maias, o Ramalhete é visto en tres perspectivas diferentes: 1ª - Posto ao abandono. 2ª - Habitada por Carlos da Maia e o avó, despois de decorada por un inglés. 3ª - Dez anos despois, posta novamente ao abandono, despois de ser habitada dous anos (2ª perspectiva)

Catro elementos son de indiscutible importancia na caracterización do edificio en cada unha das perspectivas. Son un alcipreste e un cedro, unha fervenza e unha estatua de Venus Citerea.

Primeira perspectiva Na primeira perspectiva o Ramalhete é descrito como un inútil pardieiro (palabras de Vilaça) e simple depósito dos mobles vindos dos palacetes de Benfica e Tojeira, vendidos recentemente (1870). Vilaça non estaba de acordo coa compra deste palacete, pois fora en Benfica onde Pedro da Maia se suicidara, á parte de ser aquela casa a ilustre morada da familia.

Era un edificio de paredes severas. Tiña un terrazo de ladrillo e un pobre quinteiro inculto, onde envellecian un alcipreste e un cedro, permanecía unha fervenciña seca e xacía a un canto unha estatua de Venus Citerea. A descrición de cada un deses elementos dános a idea de que este é un lugar botado ao abandono. miniatura|dereita|200px|Un dos elementos principais na descrición do Ramalhete é unha estatua de Venus Citerea, identidade recoñecida por Monsenhor Buccarini, Nuncio de Súa Santidade. Venus Citerea "... ennegrecendo a un canto na lenta humidade das ramaxes silvestres." Ennegrecendo - O uso do xerundio confire unha idea de continuidade que xa vén do pasado. Canto - Esta expresión reforza a idea de abandono do lugar. Xeralmente un canto é un lugar solitario e esquecido, ao tempo que a estatua de Venus acompáñaa o estado de abandono do edificio. Lenta humidade - Esta expresión é unha marca do estilo persoal do autor. O obxectivo, ao trocar muito por lento, é realzar o pasar dos anos, e non a cantidade de humidade. Fervenciña "... unha fervenciña seca" Fervenciña seca - Este adxectivo simboliza a ausencia de vida. O uso do diminutivo inclúe na obra queiroziana, xeralmente, unha caracterización depreciativa e irónica. Porén, aquí o obxectivo de Eça é dar a impresión de que é algo simple, sinxelo. Alcipreste e cedro Simbolizan a morte, por asociación do alcipreste aos cemiterios, en Portugal. Sen ningunha descrición adicional. Segunda perspectiva Despois de decorado por un inglés, o edificio ten agora un aspecto xubiloso, novo e limpo. Esta perspectiva simboliza o apoxeo do Ramalhete. Mentres tanto, permanece aínda o estilo romántico, bucólico e un certo melancolismo dramático. En canto dous elementos nos levan para un ambiente próspero, outros dous, especialmente o cedro e o alcipreste, continúan a ser un espectro da traxedia, pois son aquí descritos como dous amigos tristes. miniatura|dereita|200px|A citación de Versalles, de forma metafórica, describe o replandecer do edificio na segunda perspectiva, marca do apoxeo da intriga principal. Venus Citerea "... parecendo [...] ter chegado de Vesalhes." Versalles - Esta metáfora simboliza o apoxeo da estatua e, conseguintemente das dúas protagonistas das intrigas principal e secundaria, María Eduarda e María Monforte, respectivamente. Só esta expresión bastaría para describir o ambiente do Ramalhete durante a segunda perspectiva, pois dá conta do seu resplandecer. Fervenciña "... unha delicia" Delicia - O que antes era unha fervenciña seca, é descrita agora como unha delicia. Esta expresión simboliza a vida e alegría, así como algo tenro. Alcipreste e cedro "... envellecendo xuntos como dous amigos tristes" Envellecendo - Novamente o uso do xerundio: acción continua. Amigos tristes - Esta comparación confire unha sensación de ambigüidade, dentro desta perspectiva, pois nos remite a unha carga melancólica, ao tempo que todos os outros elementos acompañan o aspecto novo e pleno de vida do edificio

Terceira perspectiva Na terceira perspectiva, a casa e o ambiente que a envolve e que a caracteriza, torna a ser descrito de forma melodramática. Esta perspectiva é dada dez anos despois de que María Eduarda e Carlos da Maia cometesen o incesto, período no cal eles tornan a Lisboa, antes de partir para o Xapón. Este último capítulo é aproveitado novamente para describir Portugal, despois de dez anos, onde poucas mudanzas se notaban. Con João da Ega, Carlos da Maia percorre os lugares que frecuentara, até chegar ao vello casarón de novo botado ao abandono, tal como o coñeceran. Todos os elementos que habitualmente caracterizan o palacete nas outras dúas perspectivas, van volver a transmitir o abandono e a melancolía daquel espazo. Venus Citerea "... unha ferruxe verde, de humidade, cubría os grosos membros da Venus Citerea." Grosos membros - Mentres que na primeira perspectiva, a que está máis próxima desta terceira, a estatua aínda parece conservar algunha beleza, nesta descrición os seus membros son tratados como "grosos", sinal da fealdade a que o abandono a botou. Fervenciña "... e máis lento corría o prantiño da fervenza." Prantiño da fervenza - Esta expresión significa que da fervenza, que na segunda perspectiva, parecía unha delicia, escorrían agora lentas lágrimas. Alcipreste e Cedro "... envellecían xuntos, como dous amigos nun ermo." Como dous amigos nun ermo - O uso da expresión ermo, invoca, máis que abandono, inexistencia de vida, dado que, polo significado, ermo é un campo deserto.

A crítica social ou dos costumes O romance traza sobre o país unha perspectiva moi derrotista, moi pesimista. Tirando a natureza (o Texo, Sintra, Santa Olávia…), é todo unha «choldra ignóbil». Predomina unha visión de estranxeiro, de quen só valora as «civilizacións superiores» -de Francia e Inglaterra, principalmente.