O Sligo Rovers é un club de fútbol irlandés da cidade de Sligo, no condado de Sligo que compite na League of Ireland Premier Division, a máxima categoría do fútbol en Irlanda. Xoga os seus partidos como local no estadio de Showgrounds, cunha capacidade para 5500 espectadores.

Historia O club foi fundado o 17 de setembro de 1928 como resultado da fusión de dous clubs júnior locais, o Sligo Town e o Sligo Blues. O primeiro partido do equipo tivo lugar o 23 de setembro de 1928, no que obtiveron a vitoria fronte ao Ballyshannon o 23 de setembro de 1928. O seu primeiro título foi a liga da tempada 1936-37, título que repetiría na tempada 1976-77.

Palmarés League of Ireland: 2 1936–37, 1976–77 FAI Cup: 2 1983, 1994 League of Ireland Cup: 1 1997–98 League of Ireland First Division: 1 2005

Véxase tamén Ligazóns externas Site oficial do Sligo Rovers FC Foro dos seareiros do Sligo Rovers

Categoría:Equipos de fútbol de Irlanda