Dia é a lúa irregular de movemento directo de Xúpiter que órbita máis afastada deste. Foi descuberta por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii liderado por Scott S. Sheppard no ano 2000.IAUC 7555: Satellites of Jupiter 5 de xanerio do 2001 (descubrimento)MPEC 2001-A29: S/2000 J 7, S/2000 J 8, S/2000 J 9, S/2000 J 10, S/2000 J 11 15 de xaneiro do 2001 (descubrimento e efemérides)

Características Dia ten ó redor de 4 quilómetros de diámetro, orbita Xúpiter a unha distancia media duns 12,555 Gm (millóns de quilómetros) nun período de 287 días, cunha inclinación de 28° (respecto do ecuador de Xúpiter) e unha excentricidade orbital de 0,248.Sheppard, S. S.; Jewitt, D. C.; Porco, C.; Jupiter's outer satellites and Trojans, in Jupiter: The planet, satellites and magnetosphere, edited by Fran Bagenal, Timothy E. Dowling, William B. McKinnon, Cambridge Planetary Science, Vol. 1, Cambridge, UK: Cambridge University Press, ISBN 0-521-81808-7, 2004, pp. 263-280 A lúa foi incluída inicialmente no grupo de satélites Himalia,Sheppard, S. S.; Jewitt, D. C.; An abundant population of small irregular satellites around Jupiter, Nature, 423 (May 2003), pp. 261-263 pero hai que subliñar que non se ten información precisa da lúa e que os seus elementos orbitais principais non foron calculados.

Dia estaba na práctica 'perdido' e unha das teorías ó respecto afirmaba que impactara contra Himalia, creando un feble anel ó redor de Xúpiter."Lunar marriage may have given Jupiter a ring", New Scientist, 20 de marzo do 2010, p. 16. Porén, foi volto a ver en observacións realizadas en 2010 e 2011.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter

Ligazóns externas Efemérides IAU-MPC NSES Principais parámetros orbitais NASA JPL David Jewitt pages Scott Sheppard pages

Categoría:Lúas de Xúpiter