1992 (MCMXCII) foi un ano bisesto que comezou en mércores segundo o calendario gregoriano, e foi declarado como o Ano Internacional do Espazo pola Organización das Nacións Unidas.
Acontecementos 1 de xaneiro: na Arxentina, o peso substitúe o austral como moeda arxentina. 2 de xaneiro: entra en vigor a libre circulación de traballadores españois na CE. 2 de xaneiro: Paraguai entra a formar parte da Convención de Berna. 4 de xaneiro: George H. W. Bush anuncia a fin do embargo imposto a Camboxa durante 17 anos. 5 de abril: independencia de Bosnia e Hercegovina. 25 de novembro: prodúcese o Divorcio de Veludo, a Asemblea Federal checoslovaca vota a favor de dividir o país en dous.
Nacementos 7 de febreiro - Alejandra Alonso, modelo galega.
Mortes 3 de xaneiro - Judith Anderson, actriz australiana (n. 1897). 16 de febreiro - Angela Carter, periodista e novelista británica (n. 1940). 16 de febreiro - Jânio da Silva Quadros, presidente do Brasil (n. 1917). 1 de marzo - Antonio Polo Díez, xurista e profesor galego (n. 1907). 6 de marzo - Maria Helena Vieira da Silva, pintora portuguesa, naturalizada francesa (n. 1908). 9 de marzo - Menachem Begin, primeiro ministro de Israel, Premio Nobel da Paz (n. 1913). 23 de marzo - Antón Avilés de Taramancos, escritor galego (n. 1935). 23 de marzo - Friedrich von Hayek, economista británico, Premio Nobel de Economía (n. 1899). 6 de abril - Isaac Asimov escritor ruso (n. 1920). 8 de abril - Daniel Bovet, farmacoloxista suízo, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1907) 28 de abril - Francis Bacon, pintor británico. 5 de maio - Maximino Castiñeiras, escritor galego (n. 1906). 6 de maio - Marlene Dietrich, actriz alemá (n. 1901). 18 de maio - Manuel Cuña Novás, escritor e político galego. 5 de xullo - Astor Piazzolla, compositor de tango e bandoneonista arxentino (n. 1921). 15 de xullo - Hammer DeRoburt, presidente de Nauru (n. 1922). 12 de agosto - John Cage, compositor e instrumentista estadounidense (n. 1912). 29 de agosto - Félix Guattari, psicanalista e filósofo francés. 2 de setembro - Barbara McClintock, xeneticista estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1902). 12 de setembro - Anthony Perkins, actor estadounidense (n. 1932). 8 de outubro - Willy Brandt, chanceler da República Federal Alemá cuxa estratexia coñecida como Ostpolitik lle valeu o Premio Nobel da Paz (n. 1913). 7 de novembro - Alexander Dubček, político checoslovaco (n. 1921). 6 de decembro - Agustín Portela Paz, debuxante e aparellador galego (n. 1906).
24 de decembro - Cruz Risco, cineasta galega (n. 1943).
Premios Nobel Física: Georges Charpak Química: Rudolph A. Marcus Fisioloxía ou Medicina: Edmond H. Fischer e Edwin G. Krebs Literatura: Derek Walcott Paz: Rigoberta Menchú Tum Economía: Gary S. Becker
Día das Letras Galegas dedicado a: Fermín Bouza-Brey
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1992