Antonio Aurelio del Sacramento Fernández-Román García de Quevedo, coñecido artisticamente como Antonio Román, Anthony Roman ou Tony Román, nado en Ourense o 9 de novembro de 1911 e finado en Madrid o 16 de xuño de 1989, foi un director e guionista de cine e farmacéutico galego.
Traxectoria Pertence ao grupo de directores renovadores do cine español de posguerra, xunto con José Luis Sáenz de Heredia e Rafael Gil.
Ía ser farmacéutico, pero xa de novo converteuse en crítico de cine, comezando a publicar na prensa española. Comezou a dirixir pequenos documentais moi novo, con 18 anos. A súa primeira longametraxe La escuadrilla, é de 1941, realizada xunto a Sáenz de Heredia. Ese ano participou no guión de Raza, ideada polo propio dictador Francisco Franco e dirixida por Sáenz de Heredia. Dado o marcado carácter propagandístico das súas obras, despois da Guerra Civil “sus películas obtuvieron subvenciones, ayudas y premios nacionales, razón por la cual quizás no se haya valorado suficientemente su trabajo desde el punto de vista técnico.”
En 1943 realizou proxectos máis arriscados e persoais, Intriga e La casa de la lluvia, pero tralo fracaso comercial e o escepticismo crítico con que foron acollidas, retomou proxectos máis comerciais. Posteriormente converteuse nun dos xefes da Cooperativa Cinematográfica Castilla.
Nas décadas de 1960 e 1970 seguiu escribindo críticas. En 1970 foi despedido mentres rodaba Ringo del Nebraska cando aínda non levaba nin o 10 % da rodaxe, pois ao produtor non lle gustaba o seu xeito de traballar lento e meticuloso. Foi substituído polo seu amigo e protexido Mario Bava, quen por respecto a Román, negouse a aparecer nos títulos de crédito.
Estaba casado con Yvonne Bastién.
En 1999 publicouse o libro de Pepe Coira Antonio Román. Director de cine, ampliado e traducido ao castelán co título Antonio Román, un cineasta de posguerra, que acadou o premio ao mellor libro universitario español do 2004.
Filmografía miniatura|300px|Placa na casa onde viviu Antonio Román, no xardín do Bispo Cesáreo (Ourense). Sandra (1930) Ensueño (1931) Canto a la emigración (1935) Ciudad encantada (1936) Barcelona o ritmo de un día (1939) Mérida (1940) Al borde del gran viaje (1940) De la Alhambra al Albaicín (1940) O carro e o home (1940, documental con guión de Xaquín Lorenzo) Escuadrilla (1941) Boda en el infierno (1942) Intriga (1943) A casa da choiva (1943) Lola Montes (1944) Los últimos de Filipinas (1945) Fuenteovejuna (1947) La vida encadenada (1948) El amor brujo (1949) Pacto de silencio (1949) El pasado amenaza (1950) La fuente enterrada (1950) La forastera (1951) Último día (1952) Congreso en Sevilla (1955) La fierecilla domada (1956) Dos novias para un torero (1956) Madrugada (1957) Los clarines del miedo (1958) Bombas para la paz (1959) Mi mujer me gusta más (1961) El sol en el espejo (1962) Pacto de silencio (1963) Un tiro por la espalda (1964) Ringo de Nebraska (1966) El mesón del gitano (1969)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no IMDb.
Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Farmacéuticos de Ourense Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Críticos de cinema