O Estatuto de autonomía de Galicia (ou, sinxelamente, Estatuto de Galicia), é a norma institucional básica de Galicia, en vigor dende 1981. No marco da Constitución española de 1978, o Estatuto de Galicia recoñece a condición de nacionalidade histórica a esta Comunidade Autónoma. Os poderes en que se basea son o propio Estatuto, a Constitución e o pobo galego. Establece un marco democrático de solidariedade entre quen integran o pobo galego.

Antecedentes Tivo o seu precedente no Estatuto de autonomía de Galicia de 1936, aprobado en referendo o 28 de xuño de 1936 por maioría. Daquela, o galego Santiago Casares Quiroga era o xefe do goberno da Segunda República Española.

Aprobación

O pobo galego aprobouno en referendo o 21 de decembro de 1980, aínda que cunha participación moi baixa na votación. O 6 de abril de 1981 o rei Xoán Carlos I de España e mais o presidente do goberno Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo asinaron o estatuto no Palacio Real de Madrid.

Contidos e competencias miniatura|dereita|A bandeira de Galicia, conforme o disposto no Estatuto de Autonomía. O estatuto recolle, entre outros: O recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia e a súa cooficialidade co castelán Os símbolos propios do país galego: a bandeira, o escudo e o himno A división e organización administrativa do territorio en provincias, comarcas e parroquias rurais O recoñecemento das comunidades galegas no estranxeiro A facenda e o patrimonio propios As diversas competencias de acordo coa Constitución e as leis de solidariedade entre as comunidades que conforman o Estado español.

Historia A Asemblea Parlamentaria galega constituíuse o 25 de xullo de 1979. De acordo co artigo 151 da Constitución Española de 1978, tiña competencias para elaborar e aprobar o proxecto de autonomía. Esta Asemblea acordou nomear unha comisión de 16 representantes de partidos, con e sen representación parlamentaria, para elaborar un primeiro texto. 8 dos membros pertencían á UCD, 2 ao PSOE, 2 a AP, 1 ao PCG, 1 ao POG, 1 ao PG e 1 ao PTG.

O texto que elaborou esa comisión, coñecido como o Estatuto dos 16, foi considerado por partidos nacionalistas e de esquerdas como pouco ambicioso e de segunda orde en relación con Cataluña e o País Vasco. Ante isto, convocouse unha manifestación en Vigo para o 4 de decembro de 1979 que resultou multitudinaria. Adolfo Suárez recoñeceu entón que se errara na elaboración do estatuto galego.

Véxase tamén

Outros artigos Referendo do estatuto de autonomía de Galicia de 1980 Estatuto de autonomía de Galicia de 1936

Bibliografía

Ligazóns externas Texto íntegro do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981 (da páxina da Xunta de Galicia)

Categoría:Política de Galicia Categoría:Século XX en Galicia Categoría:Estatutos de autonomía de Galicia Categoría:Leis de Galicia Categoría:1981 en Galicia