dereita|miniatura|CD Arenteiro, 2023. O Club Deportivo Arenteiro é un club de fútbol do Carballiño fundado no 1958, que milita actualmente na Primeira División RFEF. O seu campo é o Estadio de Espiñedo, con céspede natural e capacidade para 2.000 persoas. Tamén utiliza para os adestramentos o Campo da Uceira situado no barrio carballiñés da Uceira. Alí disputan os seus partidos as categorías inferiores do equipo carballiñés (EMF Arenteiro) e o Sporting Carballiño, que figura na Primeira de Galicia (grupo 4º).
No 1990 pasou a chamarse Club Deportivo O Carballiño, pero no 2005 recuperou a denominación tradicional. Recibe o nome do río Arenteiro, río que atravesa a vila do Carballiño.
Historia Fundado en 1958, o Arenteiro debutou en Terceira División na tempada 1964/65 e mantívose tres anos consecutivos na categoría, volvendo descender en 1967. Non foi ata 1980 cando conseguiu de novo o ascenso a Terceira.
Na tempada 1986/87 proclamouse subcampión do grupo I da Terceira División, por detrás do Endesa As Pontes. Grazas á ampliación da Segunda División B de 1 a 4 grupos a tempada seguinte, o Arenteiro conseguiu o ascenso directo de categoría. Na tempada 1987/88 debutou e logrou a permanencia en Segunda B, da man do adestrador Agapito Viñas, cun equpo no que xogaban entre outros Pereira, Sobrino, Carlos Lago ou Quecho. Na campaña seguinte descendeu novamente a Terceira.
Tralo descenso de categoría, o equipo mantívose un par de anos na metade da táboa ata que na 1991/92 acabou na terceira posición. Na liguiña de ascenso a Segunda B acabou terceiro, por detrás do RSD Alcalá e o CD Lealtad, e por diante do Atlético Astorga, sen poder ascender. Volveu repetir a terceira posición na liga ao ano seguinte, no que tampouco conseguiu o ascenso, quedando último na liguiña tralo Real Madrid C, o Zamora CF e o Club Siero. Na campaña seguinte descendeu a Preferente.
Tralo descenso, o equipo pasou máis de dúas décadas entre a Preferente (a mayoría de tempadas) e a Primeira Autonómica. Na 2016/17 acabou a liga en Preferente na terceira posición e, grazas ao ascenso do Rápido de Bouzas a Segunda B, o Arenteiro ascendeu de novo á Terceira División despois de 23 anos de ausencia na categoría.
Na tempada 2020/21, conseguiu ascender á Segunda División RFEF, 34 anos despois da súa última tempada na antiga Segunda B. Además, proclamouse campión da categoría, ao vencer o Bergantiños, segundo clasificado. Na Copa do Rei 2021/22, a súa sétima participación no torneo, o equipo verde eliminou na primeira rolda a SD Logroñés, equipo dunha categoría superior (Primeira RFEF), ao que gañou 2-1 con goles de Renan Zanelli e Sylla. Para a seguinte rolda o sorteo emparellou o club do Carballiño cun equipo de Primeira División: o Valencia. O equipo valencianista derrotou os carballiñeses 1-3 en Espiñedo, pero xa na prórroga logo do 1-1 ao remate do tempo oficial de partido.
A tempada 2022/23 comezou con título, pois o Arenteiro derrotou o Compostela na final da fase autonómica da Copa RFEF (2-1), o que lle deu o pase á fase estatal.
Datos do club Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 2 Tempadas en 3ª: 19
Historial na liga TempadaCategoríaPostodesde 1958-59Rexional—á 1963-64Rexional—1964/653ª12º1965/663ª11º1966/673ª16ºdesde 1967-68Rexional—á 1979-80Rexional—1980/813ª8º1981/823ª14º1982/833ª15º1983/843ª9º1984/853ª6º1985/863ª14ºTempadaCategoríaPosto1986/873ª 10px1987/882ªB16º1988/892ªB 10px1989/903ª6º1990/913ª10º1991/923ª3º1992/933ª3º1993/943ª 10px1994/95Preferente14º1995/96Preferente4º1997/98Preferente8º1998/99Preferente12º1999/00Preferente15ºTempadaCategoríaPosto2000/01Preferente14º2001/02Preferente15º2002/03Preferente15º2003/04Preferente 10px2004/051ª Autonómica9º2005/061ª Autonómica 10px2006/07Preferente15º2007/08Preferente6º2008/09Preferente7º2009/10Preferente13º2010/11Preferente 10px2011/121ª Autonómica 10px2012/13Preferente17ºTempadaCategoríaPosto2013/141ª Autonómica 10px2014/15Preferente12º2015/16Preferente7º2016/17Preferente 10px2017/183ª14º2018/193ª13º2019/203ª9º2020/213ª 10px2021/222ª RFEF10º2022/232ª RFEF 10px2023/241ª RFEF8º2024/251ª RFEF12º
Palmarés
Segunda División RFEF (1): 2022/23. Terceira División (1): 2020/21. Copa Federación (1): 2022.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Artigo sobre o equipo no blog Sena Fútbol Marín
Arenteiro Categoría:Fútbol de Galicia sen imaxes