O Drogheda United Football Club (en irlandés Cumann Peile Dhroichead Átha Aontaithe) é un club de fútbol da localidade de Drogheda, Condado de Louth (Irlanda) que compite na League of Ireland Premier Division. Xoga os seus partidos como local en Hunky Dorys Park, estadio cunha capacidade para 2.000 espectadores.

Historia O club actual é o resultado da fusión de dous clubs da cidade, o Drogheda United, fundado en 1919, e o Drogheda F.C., fundado en 1962. A fusión de ámbolos dous clubs produciuse en 1975. En 1963, o Drogheda F.C. foi escollido para disputar a Liga de Irlanda.

Dende a fusión en 1975 que deu orixe ao club, o equipo obtivo os seus maiores logros nas competicións de copeiras do seu país. Apenas un ano despois da fusión, o equipo conseguiu chegar á final da FAI Cup, que logrou gañar no 2005. Entre os títulos máis importantes do club destacan a citada FAI Cup e a Setanta Cup. No 2007 acadou o ser primeiro título da Premier Division.2007 eircom League Premier Division , eleven-a-side.com, 2007.

Na liga, destaca o subcampionato acadado na tempada 1982-83, que lles permitiu acceder á Copa da UEFA, onde perderon ante o equipo inglés do Tottenham Hotspur por 0-6 e 0-8.

Dende 1976 disputa os seus partidos como local no United Park (actualmente Hunky Dorys Park). Anteriormente xogara no Lourdes Stadium.Shop , Drogheda United Official Website, 2007.

Rexistros europeos Liga de Campións da UEFA: ParticipaciónsPartidosGañadosEmpatadosPerdidosA favorEn contra1421165

Copa da UEFA: ParticipaciónsPartidosGañadosEmpatadosPerdidosA favorEn contra3103341022

Total: ParticipaciónsPartidosGañadosEmpatadosPerdidosA favorEn contra4145451617

Opoñentes TempadaCompeticiónPaísEquipoResultado1983-84Copa da UEFA Primeira roldaTottenham Hotspur F.C.0-6, 0-8 (0-14)2006-07Copa da UEFA Primeira roldaHJK Helsinki1-1, 1-3 (2-4)2006-07Copa da UEFA Segunda roldaI.K. Start1-0, 0-1 (1-1, 11-10 pen.)2007-08Copa da UEFA Primeira rolda20pxA.C. Libertas1-1, 0-3 (1-4)2007-08Copa da UEFA Primeira roldaHelsingborgs I.F.1-1, 0,3 (1-4)2008-09Liga de Campións da UEFA 1ª rolda clasificatoriaFC Levadia Tallinn2-1, 1-0 (3-1)2008-09Liga de Campións da UEFA 2ª rolda clasificatoriaFC Dynamo Kyiv1-2, 2-2 (3-4)

Palmarés FAI Cup: Campión: 2005 Finalista: 1971, 1976 League of Ireland Premier Division Campión: 2007 League of Ireland: Finalista: 1982-83 League of Ireland First Division: Campión: 1988-89, 1990-91, 1998-99, 2001-02 Finalista: 1994-95, 1996-97 League of Ireland Cup: Campión: 1983-84 League of Ireland First Division Shield: Campión: 1991 Setanta Cup: Campión: 2006, 2007 Leinster Senior Cup: Finalista: 1982-83, 1985-86 Tyler Cup: Finalista: 1979-80 Presidents Cup: Finalista: 1970-71

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Site oficial do Drogheda United FC

Categoría:Equipos de fútbol de Irlanda