Xoán Antón Pérez-Lema, nado na Coruña o 17 de abril de 1964, é un avogado, político e columnista galego.

Traxectoria É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela dende 1987 e graduado en Administración de Empresas. Exerce a avogacía na súa cidade natal. Militou sempre no nacionalismo galego, sendo un dos fundadores das Mocidades Nacionalistas Galegas, organización xuvenil aliada primeiro de Coalición Galega e despois do Partido Nacionalista Galego (PNG-PG).

Foi membro da executiva do PNG-PG, e xefe do gabinete da Consellaría da Presidencia da Xunta entre 1987 e 1989, sendo conselleiro Pablo González Mariñas. Ten exercido tamén como asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia, defendendo xudicialmente a obxectores e insubmisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio.

Tamén foi profesor da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo, da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e secretario xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia co bipartito, entre 2007 e 2009Pérez-Lema será o novo secretario xeral de Relacións Institucionais, Vieiros, 13/11/2007., sendo vicepresidente da Xunta Anxo Quintana. Imparte a docencia no programa de asesoría xurídica de empresa do Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE), e é secretario xeral da Asociación Galega de Afectados por Produtos Financeiros (AGAPROFI). Antigo militante do BNG, abandonou a formación para integrase en Compromiso por Galicia. É secretario xeral da organización de consumidores Acouga, e colaborador de Esculca, observatorio para a defensa dos direitos e liberdades.

Colabora con opinións e comentarios sociais e políticos decote na Radio Galega, na TVG e en varios medios de comunicación, como Xornal de Galicia, El Correo Gallego, El Ideal Gallego, Praza, MundoGaliza, Tempos dixital ou Terra Chá, Nós Diario, Grial.

Obra Quando grupos vulneráveis sao feridos. A figura jurídica dos crimes de ódio (2020). Através. 86 páxs. ISBN 978-84-16545-48-3. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog do autor

Categoría:Avogados da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos de Compromiso por Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1964 Categoría:Profesores da Universidade de Vigo