O Herne Bay Rink Hockey Club é un club de hóckey a patíns da localidade de Herne Bay, Inglaterra. O club foi fundado en 1910, o que o converte nun dos equipos máis antigos deste deporte no mundo. A súa época de maior éxito foi a primeira metade do século XX (conquistando 22 títulos de Copa entre 1930 e 1953), aínda que dende 1974 non conquistou ningún título de Liga e tan só conseguiu tres títulos copeiros no mesmo período, o último en 1994 (último título do club), sendo superado ámplamente nos últimos tempos polos seus veciños e máximos rivais do Herne Bay United.
Palmarés 32 English Cup: 1930-1934, 1936, 1938-1953, 1955-1956, 1958, 1963, 1978-1979, 1984, 1992-1994
Véxase tamén
Categoría:Equipos de hóckey a patíns de Inglaterra