Avarua (que significa "Dous Portos" en lingua maorí das Illas Cook) é unha cidade, e un distrito no norte da illa de Rarotonga, e é a capital nacional das Illas Cook.

A cidade está servida polo Aeroporto Internacional de Rarotonga (Código IATA do aeroporto: RAR) e o porto de Avatiu.

A poboación do distrito de Avarua é de 5.445 (censo do 2006) e a vila 2600.

Subdistritos A cidade e o distrito de Avarua divídense en 18 tapere (subdistritos tradicionais) sobre 54 totais para Rarotonga , agrupados en 6 distritos censais, listados de oeste a leste. As cifras do Censo non están dispoñibles no nivel máis alto, senón só para os chamados Distritos censuais, tamén figuran de oeste a lesteP.H. Curson: "Population Change in the Cook Islands - The 1966 Population Census". In: New Zealand Geographer, Vol. 28, 1972, pp. 51-65, map p.52:

Nikao-Panamá (1.373 habitantes), cubrindo os taperes de: Pokoinu, Nikao (sede do parlamento das Illas Cook) e Puapuautu; Avatiu-Ruatonga (951 habitantes), cubrindo os taperes de: Areanu, Kaikaveka, Atupa, Avatiu (porto comercial), e Ruatonga; Tutakimoa-Teotue (314 habitantes), cubrindo os tiperes de: Tutakimoa; Takuvaine-Parekura (786 habitantes), cubrindo os taperes de: Tauae (cara a dentro de Tutakimoa, o único Tapere sen liña de costa) Takuvaine (centro Avarua, sede do goberno das illas Cook, co porto pesqueiro de Avarua) Tupapa-Maraerenga (531 habitantes), cubrindo os taperes de: Ngatipa, e Vaikai; Pue-Matavera (1.490 habitantes), cubrindo os taperes de: Tapae-I-Uta, Pobo, Punamaia, Kiikii, e Tupapa

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Photo of Government Radio Station Rarotonga c1950

Categoría:Illas Cook Categoría:Capitais de Oceanía