A Real Federación Belga de Fútbol (URBSFA/KBVB) (en alemán: Königliche Belgische Fußballverband, en francés: Union royale belge des sociétés de football association, en neerlandés: Koninklijke Belgische Voetbalbond) é o organismo encargado da organización do fútbol en Bélxica, cuxa sede está en Bruxelas.

Foi creada en 1895 e foi unha das asociacións fundacionais da FIFA en 1904 e da UEFA en 1954. Encárgase da organización das ligas profesionais belgas, as ligas afeccionadas e a Copa de Bélxica, así como os partidos da Selección de fútbol de Bélxica nas súas distintas categorías.

Véxase tamén Outros artigos Selección de fútbol de Bélxica Eurocopa de Bélxica 1972 Eurocopa de Bélxica/Países Baixos 2000

Ligazóns externas Sitio web oficial da URBSFA/KBVB

Bélxica Categoría:Fútbol en Bélxica Belxica