Alfonso Sobrado Palomares, nado en Paradela (Calvos de Randín) en 1935, é un xornalista e escritor galego. Traxectoria Aos 10 anos trasladouse coa súa familia a Ourense, onde estudou no Seminario. Licenciado en Dereito e Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, desempeñou diversos postos en xornais e revistas españolas. Fundou a axencia Radial Press en 1964 e foi comentarista de política internacional en Sábado Gráfico e Cambio l6. En 1973 fundou e dirixiu a revista Ciudadano e despois dirixiu Posible e Leer. Foi comentarista de política internacional en El Periódico de Catalunya, e foi nomeado director da Axencia EFE en 1986. En 1997 incorporouse ao Grupo Zeta como Director de Relacións Internacionais e Asesor Editorial, e comentarista político da revista Tiempo e El Periódico de Catalunya. En 2001 foi nomeado director do Diario Córdoba e editor de Onda Mezquita e en setembro dese ano tomou posesión como Presidente do Consello Social da Universidade de Córdoba.
Dirixiu a Casa de Galicia en Madrid (2006-), foi presidente da Xunta Consultiva do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés (2008).
Obra en castelán África, la hora de las violencias, 1969. Albert Camus, 1970. Agotando la esperanza, (novela) II Premio Café Gijón. Las linotipias del miedo, 1977 (novela). El socialismo y la polémica marxista, 1979. Una larga sed, 1983 (novela). Te amaré después de siempre, 2001 (novela). Felipe González, el hombre y el político, 2005 (biografía). Antonio Asensio, 2007, con José Oneto (biografía). Los laberintos del espejo, 2010 (novela). El Evangelio de Venus, 2012 (novela). Pyjama party, 2016 (novela).
Premios e recoñecementos Xuíz Honorario do Couto Mixto no ano 2006. Celanova, Casa dos Poetas no ano 2008. Fillo predilecto de Calvos de Randín no ano 2023.
Vida persoal Casou con Ana Tutor.
Véxase tamén Bibliografía
Notas
Categoría:Xornalistas de Calvos de Randín Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados en Calvos de Randín Categoría:Nados en 1935 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid