A Liga ARC (Asociación de Remo do Cantábrico) é unha liga de remo en banco fixo na que compiten clubs de Euskadi, Cantabria e Asturias, esta última dende 2009. Un total de 29 clubs e máis de 500 remeiros forman parte da liga para a tempada 2010. Situada por baixo da Liga San Miguel, é a categoría de prata do remo xunto coa Liga Galega de Traiñeiras (LGT). Serve ao igual que a primeira para apoiar e impulsar unha disciplina deportiva do remo que forma parte da historia das nacións da cornixa cántabro-atlántica do Norte da Península Ibérica.
Historia O 29 de marzo de 2006 constituíuse en Bilbao formalmente a Asociación de Remo do Cantábrico (ARC), unha entidade privada titular da Liga ARC®. Seis persoas físicas, representantes (a razón de dous por provincia) de clubs de remo que interviñeron no proceso constituínte, actuaron como socios fundadores. Nesa data materializábase o proxecto creado por e para clubs de Cantabria e Euskadi. Trala constitución da asociación, a totalidade dos clubs de remo que participaran no proceso de posta en marcha do proxecto decidiron sumarse formalmente ao mesmo mediante a correspondente adscrición á ARC.
Palmarés Grupo 1 AnoClubsGañadorSegundoTerceiro200612San Pedro (127) Isuntza (110) Getaria (90)200712Getaria (148)Koxtape (134) Isuntza (116)200812Kaiku (157) Isuntza (145) Camargo (137)200912Astillero (174) Koxtape (165) Santurtzi (133)201012SanturtziCamargoIsuntza201112PortugaleteZierbenaLekittarra201212OrioSanturtziLekittarra2013
Grupo 2 AnoClubsGañadorSegundoTerceiro200610Kaiku (98) Ur-Kirolak (74) Urola-Kosta (73)200710Castro B (109)Portugalete (99) Busturialdea (96)200811Astillero (143) Orio B (130) Trintxerpe (101)200913Deusto (175) Trintxerpe (170) Getxo (154)201016PortugaleteSantoñaZumaia B201112BusturialdeaGetariaOndarroa201213TrintxerpeOrio BSan Pedro B2013
Clubs da tempada 2010 Grupo 1 EquipoNome da TraíñaLocalidade Municipio Provincia Posto en 2009 Club de Remo Valle de Camargo“Virgen del Carmen”MaliañoCamargo Cantabria6ºCiérvana“Zierbena”ZierbenaZierbenaBiscaia8ºSanturce“Sotera”SanturtziSanturtziBiscaia3ºDeusto“Tomatera”DeustoBilbaoBiscaiaAscendido ARC2Getxo “Goizeko Izarra”GetxoGetxoBiscaiaAscendido ARC2Arkote“Plentzitarra”PlentziaPlentziaBiscaiaDescendido ACTIsuntza“Lekitarra”LekeitioLekeitioBiscaia4ºBusturialdea“Artarri”BermeoBermeoBiscaia10ºDonostiarra“Donostiarra”DonostiaDonostiaGuipúscoa7ºOrio “B”“San Nikolas”OrioOrioGuipúscoa5ºTrintxerpe“Azkuene”TrintxerpePasaiaGuipúscoaAscendido ARC2Hondarribia “B”“Ama Guadalupekoa”HondarribiaHondarribiaGuipúscoa9º
Grupo 2 EquipoNome da TraíñaLocalidade Municipio Provincia Posto en 2009 Luanco“Lluanquina”LuancoGozónAsturias10ºSantander “Virgen del Mar”SantanderSantanderCantabria 6ºSantoña“Virgen Del Puerto”SantoñaSantoñaCantabria4ºColindres“Villa de Colindres”ColindresColindresCantabria8ºCastro “B”“La Marinera”Castro-UrdialesCastro-UrdialesCantabria Retorna logo dun ano inactivaPortugalete“Jarrillera”PortugaletePortugaleteBiscaiaDescenso ARC IRaspas“Areatarra”AreetaGetxoBiscaia13ºLuchana“Erandiotarra”LutxanaBarakaldoBiscaia12ºMundaca“Erramon”MundakaMundakaBiscaia5ºOndarroa“Antiguako Ama”OndarroaOndarroaBiscaiaDescenso ARC IZumaia “B”“Telmo Deun”ZumaiaZumaiaGuipúscoa7ºGetaria“Esperantza”GetariaGetariaGuipúscoaNova incorporaciónZarauz “B”“Enbata”ZarautzZarautzGuipúscoaNova incorporaciónDonostiarra “B”“Lugañene”DonostiaDonostiaGuipúscoa11ºSan Pedro “B”“--”Pasai San PedroPasaiaGuipúscoaNova incorporaciónHibaika“Madalen”ErrenteriaErrenteriaGuipúscoa9º
Sistema de competición As regatas desenvólvense durante os meses de xuño a outubro. A Liga ARC consta de dous grupos dende a súa fundación no 2006, o Grupo 1 e o Grupo 2. A liga consta dun sistema de ascensos e descensos entre os dous grupos, así como do Grupo 1 á Liga ACT ou Liga San Miguel.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial .
Categoría:Remo en España Categoría:Competicións de remo