Lot in Sodom (Lot en Sodoma) é unha curtametraxe estadounidense muda de 28 minutos de duración, rodada en 1933, dirixida por James Sibley Watson e Melville Webber. Argumento Lot recibe na súa casa a visita dun anxo que acolle como hóspede na súa casa. Lot reside na cidade israelí de Sodoma, a cidade do pecado. Os seus habitantes, que teñen estabelecido unha especie de dereito de pernada con todo visitante forasteiro, queren ter relacións sexuais co anxo, pero Lot négase a cederllo aos seus veciños. Lot ofrece ás súas fillas e esposa como sacrificio ao seus veciños, para que cumpran con elas, pero estes, tras acceder ao ofrecemento de Lot, seguen empeñados en querer ter sexo co forasteiro.
O anxo dilles a Lot e á súa familia que fuxan da cidade, porque esta vai ser destruída polas chamas e que na súa fuxida, non miren para atrás. Mentres Sodoma é destruída, a dona de Lot, convértese en estatua de sal, por non lle ter seguido a instrución do anxo de non mirar atrás, dando a entender, nisto, que sentía certa saudade de Sodoma. Véxase tamén Ligazóns externas Lot in Sodom en Public Domain Torrents
Categoría:Curtametraxes Categoría:Filmes de 1933 Categoría:Filmes baseados no Antigo Testamento Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América