Non é outra estúpida película americana (en ) é un filme cómico do 2001 estadounidense dirixido por Joel Gallen, producido por Columbia Pictures. É unha película de parodias doutras películas de Hollywood das últimas décadas. Mentres que a historia principal está baseada en She's All That e 10 Things I Hate About You, o filme está repleto de alusións a numerosos outros filmes como Bring It On, American Pie, Cruel Intentions ou The Breakfast Club.
A TVG botouna o 27 de marzo de 2009.Parrilla do 26 de marzo de 2009
Banda sonora A banda sonora da película amosa música metal, punk e rock de artistas dos noventa, a maioría versionando cancións dos oitenta. O CD da banda sonora foi lanzado por Maverick Records no 2001.
"Tainted Love" (Soft Cell) - Marilyn Manson "Never Let Me Down Again" (Depeche Mode) - The Smashing Pumpkins "Blue Monday" (New Order) - Orgy "The Metro" (Berlin) - System of a Down "Stripped" (Depeche Mode) - Scott Weiland "Message of Love" (The Pretenders) - Saliva "Bizarre Love Triangle" (New Order) - Stabbing Westward "99 Red Balloons" (Nena) - Goldfinger "I Melt with You" (Modern English) - Mest "If You Leave" (OMD) - Good Charlotte "Please Please Please Let Me Get What I Want" (The Smiths) - Muse "Somebody's Baby" (Jackson Browne) - Phantom Planet "Let's Begin" - Bad Ronald
Notas
Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de comedia adolescente dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2001 con versión en galego