Joana Vasconcelos, nada en París o 8 de novembro de 1971, é unha artista plástica portuguesa contemporánea.
Traxectoria Formouse no AR.CO, en 1996. Traballa frecuentemente coa escultura e a instalación. A súa mais famosa obra, Nectar, pertence á Colección Berardo e está exposta no Museu Colecção Berardo, instalado no CCB. Moitos dos seus traballos están presentes en coleccións privadas europeas. Na Bienal de Venecia, en 2005, a artista representou a Portugal coa obra A Noiva.A Bienal de Veneza de 2005 Gañou diversos premios, incluíndo o concurso do Museu Berardo.
A escultora inspírase nas ambigüidades da vida. O famoso zapato feito de panelas e tampas é un bo exemplo diso. Inspirado no zapato que Marylin Monroe calzou no filme "Os Homes prefiren as Louras", é unha réplica do número 37, o máis usado polas mulleres. Por un lado simboliza o glamour feminino, por outro lembra a través dos tachos as tarefas domésticas reservadas ás mulleres.
Outra das súas obras mais coñecidas, "A Noiva", é unha obra de 20 mil tampóns e foi a peza principal na Bienal de Venecia en 2005. "É unha obra irónica, brinca coa pureza do casamento. Hoxe en día as noivas xa non son tan virxes como parecen e o branco do vestido é enganador", explica.
En febreiro de 2008 inaugurou na Pinacoteca de São Paulo, o proxecto "Contaminação", descrito como "un corpo téxtil, colorido, disforme e tentacular".
Obras Flores do meu desejo Cama Valium Néctar Ouro sobre azul Independent Heart A noiva, 2001 El Matador (Santiago de Compostela) (escultura) WWW.Fatimashopping, 2002 Barco da Mariquinhas, 2002 Pega, 2002 Blup, 2002 Nécessaire, 2003 Filtra, 2003 Valquíria', 2004 Dorothy Vigoroso e poderoso, 2006-2007 Jóia do Tejo, 2008 Garden of Eden #2'', 2009
Premios Premio Fundo Tabaqueira Arte Pública (2003) Inclusión de máis dunha das súas obras no Museu Colecção Berardo, após vencer o concurso lanzado pola institución.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Arte contemporánea
Ligazóns externas Páxina web oficial . Galeria 111
Categoría:Escultores de Portugal Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1971