Rubén Pérez del Mármol, nado en Écija (Sevilla) o 26 de abril de 1989, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o CD Leganés.
Traxectoria Centrocampista con boa colocación e que trata ben o balón, iniciouse no fútbol na canteira do Écija Balompié. En 2004 chegou ás categorías inferiores do Atlético de Madrid, conseguindo desde finais da tempada 2008/2009 ser convocado co primeiro equipo en numerosas ocasións. O seu debut en Primeira produciuse o 15 de maio de 2010, no partido en casa contra o Getafe CF que os colchoneros perderon 0-3, substituíndo a Borja.
O 20 de xullo de 2010, como parte do traspaso de Filipe Luís ao Atlético, anunciouse a cesión do xogador ao Deportivo da Coruña durante dous anos. Debutou co equipo coruñés o 13 de setembro de 2010 no partido de Liga contra o Sevilla FC (0-0), no que xogou 80 minutos.
Palmarés Campionatos internacionais TítuloClubAnoEurocopa Sub-21Selección española2011
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador na páxina do Deportivo Datos do xogador en futbolme.com Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados na provincia de Sevilla Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do Torino FC Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do CD Leganés