miniatura|250x250px|Tecido de raión no microscopio. O raión, tamén chamado viscosa, é unha fibra semisintética feita a partir de fontes naturais de celulosa rexenerada, como madeira e produtos agrícolas relacionados. Ten a mesma estrutura molecular que a celulosa. Existen moitos tipos e calidades de fibras de viscosa. Algunhas imitan a sensación e textura das fibras naturais como a seda, a la, o algodón e o liño. Os tipos que se asemellan á seda adoitan chamarse seda artificial. Pódese tecer para facer téxtiles para roupa e outros fins.

A produción de raión implica solubilizar a celulosa para permitir transformar as fibras na forma necesaria. Tres métodos de solubilización comúns son:

O proceso de cupramonio, xa en desuso, utilizando solucións amoniacais de sales de cobre; O proceso da viscosa, o máis común na actualidade, empregando álcali e disulfuro de carbono; O proceso Lyocell, usando óxido de amina, que evita producir disulfuro de carbono neurotóxico, pero é máis caro.

Notas

Categoría:Polímeros orgánicos Categoría:Celulosa Categoría:Fibras sintéticas Categoría:Industria téxtil Categoría:Industria do papel