Teima, subtitulada Revista galega de información xeral, foi unha revista semanal galega que se publicou entre 1976 e 1977.
Características Teima foi a primeira revista xornalística que se editou integramente en galego dentro de Galicia.A primeira foi a revista Eidos, publicada desde maio de 1976 polo Colexio La Salle de Santiago de Compostela (). O primeiro número apareceu o 15 de setembro de 1976 e deixou de publicarse co número 35 en agosto de 1977 por dificultades económicas, derivadas da falta de publicidade.
Editada pola Sociedade Galega de Publicacións, da que Afonso Ribas era cofundador e xerente. Anunciose que o director ía ser Alfonso Sánchez Izquierdo,"Solicitada a inscripción da revista galega "Teima", La Voz de Galicia, 15-4-1976, p. 7. aínda que finalmente foi Ánxel Vence, e entre os seus colaboradores estaban Víctor F. Freixanes, Manuel Rivas, Xavier Navaza, Pepe Carreiro, Xaquín Marín e Xurxo Lobato, que publicou nela as súas primeiras fotos.
Desde o seu comezo tivo dificultades de publicidade e a súa liña editorial foi combatida por sectores políticos da dereita e da esquerda. Unha coalición nacionalista de esquerdas chegou a emitir entre os seus militantes a consigna de darse de baixa na subscrición. Algunhas forzas políticas que apoiaran a súa aparición e que participaron no capital da empresa, como o Partido Socialista Galego, foron despois críticas coa publicación. Accionistas independentes e outros da Asemblea Popular Galega foron quen máis loitaron pola continuidade do semanario.
Dixitalización No 2022, o Consello da Cultura Galega despois de dixitalizala por completo ofreceu acceso libre a través da súa páxina web.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Revista dixitalizada Consello da Cultura Galega.
Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas en lingua galega Categoría:Revistas españolas do século XX