miniatura|250px|A Provincia de Nápoles Nápoles (en italiano Nápoli) é unha provincia da rexión de Campania, con capital en Nápoles, no sur de Italia. Conta cunha poboación de 3.079.685 habitantes, nunha extensión de 1.171 km².
A provincia esténdese por unha estreita chaira costeira con numerosos cantís e cuberta por contrafortes montañosos apeninos e formacións volcánicas entre as que destaca o Vesuvio, volcán sobre o que se asentan poboacións con importantes restos romanos, como Pompeia e Herculano, destruídas no 79 por unha erupción.
De clima mediterráneo, destacan os cultivos de trigo, vides, oliveiras e cítricos). A industria concéntrase en Nápoles e as súas poboacións máis próximas e o turismo é unha fonte de ingresos moi importante na que é unha das zonas con menor renda per cápita de Italia.
Comunas Hai 92 concellos na provincia, e estes son característicos por moitos elevada densidade de poboación. Así, 26 comunas da provincia superan os 30.000 habitantes, e destes, 12 teñen máis de 50.000 residentes.
Comunas con máis de 50.000 habitantes: Datos ISTAT ComunaPoboaciónNápoles963.357Giugliano in Campania 114.878Torre do Greco 87.490Pozzuoli 83.452Casoria 79.932Castellammare di Stabia 64.734Afragola 63.801Marano di Napoli59.408Acerra 55.372Ercolano 54.990Portici 54.509Casalnuovo di Napoli50.551
Notas
Véxase tamén Provincia di Napoli
Nápoles Nápoles