A Unión Deportiva Atios é un equipo de fútbol galego de Atios, no Porriño, fundado o 4 de agosto do 1969. Compite na Preferente Galicia e disputa os seus partidos como local no Campo do Carballo.

Historia

Na década de 1950 xogábase ao fútbol nos espazos públicos, como as vías de paso, o campo da igrexa ou o campo anexo da vella escola, que tiña un gran desnivel. Adoitaban xogar os da zona alta da parroquia contra os da zona baixa.

A finais de 1969 celebrouse un torneo cos dous equipos de Atios (o Estrella Roja e o Deportivo) cos equipos da contorna. O 29 de marzo do 1970 non chegou a disputarse un encontro entre os dous equipos de Atios, chegando a un acordo para que os puntos os sumase o Deportivo para acadar o campionato, rematando terceiro o Estrella Roja. Pasados uns días celebrouse unha cea de confraternidade entre os dous clubs, onde se propuxo a fusión e a creación dun equipo federado.

O primeiro presidente da Unión Deportiva Atios foi Manuel Casales Casales, impulsor da fusión dos equipos da parroquia e outros da contorna como Budiño ou Cans.

Na tempada 1975-76, con Serafín Oya Davila na presidencia, o equipo acadou o ascenso a Segunda Rexional. Na tempada 1993-94, pouco antes do 25º aniversario, acadouse o ascenso a Primeira Rexional, con Manuel Rodriguez (Frito) como presidente. Xa na tempada 1996-97 logrouse o ascenso a Rexional Preferente con Pablo Mouriño Lago na presidencia.

Na temporada 2001-02 o club pasou por unha mala situación, e asumiu a presidencia Ramón Porto Oya. Acadouse o segundo ascenso a Primeira Rexional, e iniciáronse as negociacións para a creación dun novo campo de fútbol no centro da parroquia. O campo do Carballo inaugurouse durante a tempada 2007-08, en substitución do antigo campo de Cataboi. Isto serviu para crear novos equipos en categorías inferiores.

Na tempada 2009-10, a falta de seis xornadas para rematar a liga, acadouse o terceiro ascenso a Rexional Preferente. Na tempada 2011-12 chegouse á final da copa Deputación de Pontevedra, perdendo nos penaltis. Dende o ano 2016 dirixe a entidade Don Jose Cebreiro, consolidando o equipo senior na categoría preferente, quedando na campaña 2017/18, terceiros sen lograr o ascenso a Terceira División no último partido o cal resultou nun 0-0 ante a U.D. Ourense, o equipo que quedaría primeiro.

Tras unha tempada 2018/19 rematada na que volverían a quedar terceiros, pero esta vez sen posibilidades de ascender dende facía xa varias xornadas, chegaría a campaña 2019/20, na que por culpa da crise do Covid-19, o club quedaría segundo en liga no momento do parón e, xa que as categorías por debaixo de Segunda División non se continuarían, a Unión Deportiva Atios ascendería por primeira vez a Terceira División nunha tempada histórica para o club.

Historial TempadaCategoríaPosto2000/01Preferente19º2001/021ª Autonómica16º2002/032ª Autonómica3º2003/042ª Autonómica6º2004/052ª Autonómica1º2005/061ª Autonómica7º2006/071ª Autonómica4º2007/081ª Autonómica9º2008/091ª Autonómica5º2009/101ª Autonómica2º2010/11Preferente15º2011/12Preferente8º2012/13Preferente9ºTempadaCategoríaPosto2013/14Preferente17º2014/15Preferente11º2015/16Preferente5º2016/17Preferente12º2017/18Preferente3º2018/19Preferente3º2019/20Preferente2º2020/21Terceira / 10px2021/22Preferente / 2022/23Preferente11º2023/24Preferente11º2024/25Preferente4°2025/26Preferente

Palmarés Segunda Galicia (2): 1975/76, 2004/05.

Véxase tamén

Atios UD Atios