Trieste (en esloveno Tržaška) é unha provincia da rexión do Friúl-Venecia Xulia, en Italia. A súa capital é a cidade de Trieste.
Ten unha área de 212 km2, (a máis pequena das provincias de Italia) e unha poboación total de 240.000 habitantes (2001). Hai 6 municipios na provincia.
Historia O territorio corresponde a un hínterland de Trieste, que formou parte do Imperio Austrohúngaro e despois da primeira guerra mundial, foi posta baixo administración italiana. Foi capital do Estado libre de Trieste, creado polo tratado de paz de París de 1947, e que abranguía a cidade e unha pequena zona desde Duino até Cittanova (Novigrad), e foi dividido en dúas zonas: a zona A, no Norte, administrada polo Reino Unido, Francia e os EUA, na cal estaba incluída a cidade de Trieste, e a zona B, no Sur, administrada por Iugoslavia. O tratado de Londres de 1954 puxo fin ao estado de Trieste: a zona A pasou a formar parte de Italia, e a zona B, de Iugoslavia. En 1975 Italia e Iugoslavia asinaron preto de Osimo un tratado que pechou a cuestión fronteiriza de Trieste.
Linguas
O italiano, lingua oficial do estado italiano, fálase por toda a provincia. Na cidade de Trieste moita xente fala o triestino, un dialecto veneciano, en Trieste e en Muggia falouse o tergestino, un dialecto arcaico do friulano pero desapareceu completamente a mediados do século XIX. Estímase que 21% da poboación da provincia fala o esloveno que está recoñecido pola lexislación italiana nos seis concellos da provincia, aínda que non se aplica nos sinais bilingües no centro da cidade de Trieste nin na vila de Muggia. Nas escolas ensínase o esloveno estándar aínda que na provincia tradicionalmente se falan tres dialectos diferentes, o dialecto cársico nos concellos de Duino-Aurisina e Sgonico e nas localidades de Barcola, Prosecco e Contovello que pertencen ao concello de Trieste; o dialecto de Carniola Interior fálase no concello de Monrupino e nas localidades de Opicina, Trebiciano, Padriciano e Basovizza do concello de Trieste, por último o dialecto istriano fálase no concello de San Dorligo della Valle na zona rural de Muggia e no sueste do concello de Trieste, especialmente en Servola.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Provincia di Trieste
miniatura|esquerda|280px|Mapa da provincia de Trieste
Trieste Trieste