Néa Kaméni, en grego Νέα Καμένη, é unha pequena illa volcánica deshabitada de Grecia situada no mar Exeo, no centro da caldeira inundada de Santorini. Constitúe a parte activa do volcán que deu nacemento ás illas actuais do arquipélago de Santorini.
Nea Kameni e o veciño illote de Palea (ou Palia) Kameni (a nova e vella illas queimadas) formáronse nos últimos dous milenios polas repetidas erupcións de lava dacita e cinzas. O historiador romano Cassius Dio rexistrou no ano 47 dC "Este ano, un pequeno illote, ata agora descoñecido, apareceu preto da illa de Thera (Santorini)."Dio's Roman History, Epitome of Book LXI.7. as principais erupcións nos últimos 300 anos tiveron lugar en 1707-1712, 1866-1870 (fusionouse co illote de Mikri Kaméni), 1925-1928, e 1939-1941. A última erupción, pequena, sucedeu en 1950 e involucrou a extrusión da cúpula de lava.
Nea Kameni é case redonda e ten unha diámetro de aproximadamente 2 quilómetros e unha superficie de 3´4 km². Nea Kameni é monitoreada de cerca polos científicos do Instituto para o Estudo e Seguimiento do volcán de Santorini (ISMOSAV) Institute for the Study and Monitoring of the Santorini Volcano Consultado o 2009-05-17 e é un sitio científico protexido. A illa ten moitas chemineas activas de xofre, así como unha alfombra de herbas vermellas suculentas no delgado chan no verán.
A illa, case estéril, é visitada diariamente por decenas de embarcacións de turistas durante todo o verán. Os visitantes soben un camiño de grava para chegar á cima dos 130 metros de altura do cráter, onde é posible completar un circuíto completo da coroa.
Galería left|miniatura|upright=0.5|A caldeira de Santorini, con Nea Kameni no centroleft|miniatura|upright=1.2|O cráter volcánico de Nea Kamenileft|miniatura|upright=0.7|Barcos amarrados a grandes rochas de lava
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Santorini Lista de illas de Grecia
Ligazóns externas Nea Kameni Virtual Tour , Tour virtual panorámico de 360º ao volcán en alta resolución Mapa xéoloxico e histórico das Kamenes
Categoría:Illas do Mediterráneo Categoría:Illas de Grecia