O Club Deportivo Pontellas é un club galego de fútbol que naceu en 1962 na parroquia porriñesa de Pontellas. Na actualidade xoga no Grupo Sur da Preferente Galicia.
Historia O club fundouno en 1962 Aníbal Domínguez, un emigrante retornado do Brasil. A súa afección polo Fútbol Club Barcelona levou a vestir o Pontellas coas mesmas cores có equipo catalán. Comeza a competir no ano 1969 na segunda comarcal de Vigo e debuta na Preferente na tempada 1995-96.
Na tempada 2018/19 proclamouse campión da Preferente por primeira vez na súa historia, conseguindo o ascenso a Terceira División cun dos orzamentos máis baixos da categoría. Esa primeira posición valeulle tamén para xogar por primeira vez na súa historia a Copa do Rei. O novo formato da competición permitiulle xogar a rolda previa interterritorial, na que foi eliminado polo Tolosa CF (1-0).
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 0 Tempadas en 3ª: 2 Tempadas en Preferente Autonómica: 20
Historial na liga TempadaCategoríaPosto2005/061ª Autonómica2006/07Preferente7º2007/08Preferente16º2008/09Preferente11º2009/10Preferente8º2010/11Preferente7º2011/12Preferente15º2012/13Preferente11ºTempadaCategoríaPosto2013/14Preferente6º2014/15Preferente2015/161ª Autonómica2016/17Preferente6º2017/18Preferente10º2018/19Preferente1º2019/203ª19º2020/213ª/2021/22Preferente
Palmarés Preferente Galicia (1): 2018/19
Notas
Véxase tamén
Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra Categoría:Deporte no Porriño