Ilaiaraxa, nado o 2 de xuño de 1943 en Pannaipuram, Tamil Nadu (India), é un compositor, guionista e actor indio. Compón tanto música carnática coma música occidental. Executa o harmonio e a guitarra clásica.

Traxectoria Ilaiaraxa foi durante longo tempo asistente do director musical G.K. Venkatesh. Compuxo máis de 4.000 cancións para máis de 750 filmes, ademais dunha sinfonía coa Royal Philharmonic Orchestra de Londres.

A música de Ilaiaraxa arguméntase sobre unha composición orixinal, adaptando unha mestura de melodías occidentais e de melodías moito máis contemporáneas e clásicas da India. O seu éxito válelle o nome de "Ragadhevan", así coma o de "Isai Gnani". A academia india outorgoulle o título de doutor.

Ofreceu entre 1961 e 1968 máis de 20.000 concertos co seu irmán Pavalar Varadaraxan.

Véxase tamén

Ligazóns externas 'Ilaiaraxa' Grupo Yahoo - Fans online

Categoría:Músicos da India Categoría:Nados en Tamil Nadu Categoría:Nados en 1943