miniatura|Kringkastingshuset (Casa da Radio) en Oslo NRK (Norsk Rikskringkasting) é a compañía pública de radio e televisión de Noruega, é un dos membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión. O seu financiamento procede principalmente das cotas dos televidentes e das vendas de programas e DVD.
Historia A NRK fundouse o 24 de xuño de 1933 seguindo o modelo da BBC, o 1 de xullo comezou a emitir regularmente, eliminándose progresivamente todas as licenzas de radio privadas que se converteron en parte da NRKNRK's History in Brief. Durante a ocupación alemá na segunda guerra mundial os transmisores de radio da NRK utilizáronse para transmitiren propaganda nazi cara a Escocia, Irlanda do Norte e Escandinavia. O goberno no exilio reorganizou a NRK dirixida por Toralv Øksnevad que transmitía a través do servizo exterior da BBC cara a Noruega e que redifundían ducias de emisoras clandestinas en toda Noruega, o anuncio de Dette er London! (Aquí Londres) converteuse nunha voz de chamada para a resistencia norueguesa, nun momento no que se condenaba coa pena de morte a escoita de emisións estranxeiras. Tamén desde Boston por onda curta e dirixido por Gunnar Nygård transmitiu a NRK no exilio programas dirixidos aos mariñeiros noruegueses espallados por todo o mundo.
En 1948 comezou a funcionar o servizo exterior de radio, Utenlandssendingen por onda curta transmitindo en noruegués e inglés e que estivo en activo ata o 1 de xaneiro de 2002. En 1950 a NRK foi un dos fundadores da UER, en 1954 comezou as transmisións de televisións que se fixeron regulares desde 1960. En 1975 deixou de ter o monopolio sobre as estacións de radio e en 1984 estableceu a súa segunda canle de radio.
Canles Radio NRK P1 NRK P2 NRK P3 NRK mP3 a, b NRK Klassisk a, b NRK Alltid nyheter a, b NRK Folkemusikk b NRK Jazz b NRK Stortinget b NRK Sport b NRK Super b NRK Gull b NRK Båtvær d NRK Sámi Radio a, b, c NRK P1 Oslofjord b NRK 5.1 e NRK P3 Urørt e
a Accesible en FM nalgunhas partes do país b DAB, DVB-T e radio por Internetc En cooperación coa SVT e a YLE, d Só por DAB e Radio por Internet
Televisión NRK1 NRK1 HD NRK2 NRK3 NRK Super NRK Norway
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da NRK
Categoría:Cadeas de televisión da Unión Europea Categoría:Emisoras de radio Categoría:Membros da Unión Europea de Radiodifusión Categoría:Nordvision