William Howard Stein, nado en Nova York o 25 de xuño de 1911 e finado na mesma cidade o 2 de febreiro de 1980, foi un químico, bioquímico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Química en 1972.
Traxectoria Estudou química na Universidade Harvard, onde se licenciou en 1930, e posteriormente doutorouse na Universidade de Columbia en 1939. Na Universidade Rockefeller de Chicago iniciou a súa investigación baixo a dirección de Max Bergmann, xunto a Stanford Moore e, posteriormente, foi nomeado catedrático de bioquímica.
Investigación científica Xunto a Stanford Moore logrou completar a secuencia da molécula da ribonucleasa, observando a natureza e orde dos seus cento vinte e cinco aminoácidos. Foi a primeira encima cuxa estrutura se clarificou definitivamente.
En 1972 foille concedido a metade do Premio Nobel de Química, que compartiu con Stanford Moore, polos seus traballos sobre a relación entre a estrutura química e a actividade catalítica do núcleo das moléculas da ribonucleasa. A outra metade do premio recaeu nos traballos independentes de Christian B. Anfinsen sobre a ribonucleasa.
Véxase tamén Outros artigos Premio Nobel de Química
Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1972 Biografía na páxina do Instituto Nobel 1972
Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Bioquímicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1911 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Finados en 1980 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América